Ponte Caldelas é un dos concellos de Galicia que, desde o século XIX, viviu de forma singular o fenómeno da emigración a Brasil fundamentalmente. Na outra beira do Atlántico un número apreciable de emigrantes chegou a conseguir pequenas fortunas que se fixeron visibles no seu lugar de orixe a través dunha arquitectura singular e innovadora, que trouxo a Galicia elementos totalmente alleos á arquitectura vernácula. Un século despois da súa construción, as casas dos indianos son un patrimonio cultural valioso e insubstituíble que debemos conservar como símbolo dun momento histórico único.