Para Táboas Veleiro "os propietarios deste inmoble construírono de forma similar á vivenda que posuían na Bahía, seguindo o proxecto redactado por un arquitecto brasileiro da época. Posteriormente”, en 1944, “edificouse en Moscoso (Pazos de Borbén) outro parecido, co que hai tres variantes sobre a mesma tipoloxía formal. Sen lugar a dúbidas, o de meirandes dimensión é o de Ponte Caldelas. Formalmente trátase dun volume no que as pezas laterais sobresaen do eixe central, onde que se sitúa o acceso á vivenda no nivel inferior e unha terraza a modo de balcón no segundo andar." Destaca a elegante combinación de paramentos (cantaría- azulexo-oco), así como a exquisita labra das lumieiras das ventás, decoradas con motivos vexetais, ou os capiteis de orde xónica que flanquean o acceso á porta principal. A azulexería da fachada, realizada en Sevilla, está protagonizada por escenas de El Quijote que cómpre observar seguindo unha orde vertical.