Unha chan natural próxima á aldea de Verdugo (parroquia de Taboadelo) que se localiza xusto á beira da desembocadura do río de San Vicenzo, afluente do río Verdugo pola dereita. No menor dos ríos localízanse dúas pontes graníticas de rasante chan que reciben o nome de Ponte do Piornal e Ponte de Canedo, que distan entre si pouco máis de 1 km. Á beira do río Verdugo, xa na chan aluvial na que desemboca o río de San Vicenzo, dous muíños restaurados (situados a 135 m de distancia) que pertencen á tipoloxía de canle. Xusto a carón do Muíño de Abaixo, restos dun poldrado ou pasos que permitiron, antano, cruzar o río maior neste punto.