Foi construída arredor do ano 1780. É de planta rectangular dunha soa nave con cuberta a dúas augas. A ábsida é rectangular e o lado esquerdo está apegado á sancristía. A fachada é sinxela, rematada por unha cornixa e na parte central pola espadana soportada por columnas apilastradas. O lado esquerdo, onde se sitúan as escaleiras que soben ao campanario, é de corpo rectangular. Tres chanzos de subida, atópanse á altura da sancristía, quedando a nave dos fieis debaixo. No lado dereito hai un sepulcro monumental.