Cruceiro figurado situado nunha posición de encrucillada. Érguese sobre unha tripla plataforma coroada por unha peaña troncopiramidal que deixa paso a un varal oitavado coroado por un capitel seriamente danado que se decora con cabezas de querubíns no centro das súas catro caras. Sobre el unha cruz coa imaxe do Cristo crucificado no anverso e a Virxe en actitude de oración cuberta por un manto no reverso.