Casa levantada entre medianeiras que presenta dúas alturas e un aproveitamento baixo cuberta de xénese claramente indiana. Este corpo aparece conformado por unha balaustrada calada decorada con xerras decorativas que ocupa todo o largo da edificación; no centro unha bufarda dun único oco baixo lintel partido que aparece cuberto por un beiril voado ornado con gardamalletas. O piso residencial destaca por un extraordinario miradoiro de fundición flanqueado por dous balcóns voados protexidos por varandas do mesmo material.