Edificio decimonónico de gusto ecléctico comporto por tres volumes edificatorios separados, o principal de planta cadrada, dúas alturas e cuberta a catro augas que se mantén óptimo estado de conservación. A súa fachada destaca pola tripla arquería de medio punto que monumentaliza o acceso, pautado por elegantes columnas entregas coroadas por fermosísimos capiteis vexetais. No piso superior unha grande balconada voada e corrida á que se accede a través de tres portas de aire rematadas en altura por unha serie de orixinais xanelos pareados cubertos por unha moldura en forma de estola.