"Formalmente austera, desenvólvese nunha planta rectangular con dous niveis e cuberta a dúas augas. Un corpo acristalado que avanza sobre catro pilastras de cantaría que parten deste prisma, convéntena nun exemplo claro de como a arquitectura realizada polos brasileiros, aínda que en ocasións austera é capaz de transformar o lugar a través dun elemento puntual." (Táboas Veleiro; 1998)