
Non hai ningún caso de Coronavirus confirmado en Ponte Caldelas, pero chegará. Por iso, dende o Concello de Ponte Caldelas apelamos á responsabilidade de todos e cada un dos veciños deste concello, porque está nas nosas mans previr que o virus se extenda. O colectivo máis vulnerable son os nosos maiores e debemos protexelos, por iso é importante facer caso ás autoridades sanitarias e acatar as medidas hixiénico-sanitarias que nos marcan.
Esta é unha situación excepcional, moi seria, que nunca vivimos, e por iso hai que demostrar que somos un pobo maduro, solidario e responsable. Entre todos debemos axudar para evitar a propagación do virus. Como? Mantendo as distancias de seguridade, lavando as mans con frecuencia, quedando maiores, adultos e nenos na casa porque, lembremos, non estamos de vacacións, estamos loitando todos xuntos para evitar unha epidemia. Iso sí, sempre dende a tranquilidade, a calma e o respeto.
A nivel municipal a partir do luns, o Concello de Ponte Caldelas só atenderá urxencias en Alcaldía. Na sede electrónica (pontecaldelas.sedelectronica.es) pódense facer todos os trámites e no teléfono 986750013 (extensión 1 e 2) atenderanse todas as consultas, dúbidas ou información. Tamén se suspende a feira do venres 20 de marzo e a iso súmase os peches da Ludoteca, a Biblioteca, o Pavillón Municipal de Chan da Barcia, a discoteca e de todas as casas do pobo municipais: A Roca, Chaín, Regodobargo e Forzáns.
Se todos arrimamos o hombro e poñemos da nosa parte, evitaremos posibles contaxios e todos nos estaremos protexendo.
Iremos informando de cómo evoluciona a situación e das medidas que o Goberno de España e a Xunta de Galicia adopten.

A Deputación de Pontevedra concedeu subvención de 126.091,80 €, para a colaborar no financiamento da contratación de 10 persoas desempregadas para a realización dos seguintes servizos entre o 11/03/19 e o 10/11/19:
3 NOVEMBRO IV FEIRA DE ARTESANÍA NA PRAZA DE ESPAÑA
PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)
Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.