×

Advertencia

Fallo cargando el archivo XML.

IV FEIRA DE ARTESANÍA

 

A FEIRA DE ARTESANÍA DE PONTE CALDELAS CELEBRARÁ A SÚA IV EDICIÓN NA PRAZA DE ESPAÑA 


FEIRA OK

A cuarta edición da Feira de Artesanía de Ponte Caldelas volverá converter á capital da bisbarra do Verdugo-Oitavén nunha referencia inescusable durante o primeiro domingo de novembro. O domingo, 3 de novembro, chegará a Ponte Caldelas a cuarta edición dun evento xa totalmente consolidado e no que está presente unha escolma dos mellores produtos feitos a man de toda Galicia. Unha cita que se celebrará por primeira vez na Praza de España, un lugar “ de referencia no pobo”. Para a celebración desta feira colocarase unha carpa onde se aloxarán todos os expositores que forman parte deste evento. E o horario desta cita será de 11:00 a 20:00.

Leer más...

A VI BTTROITA CELEBRARASE ESTE DOMINGO 27 DE OUTUBRO

 

A VI BTTROITA ADIÁNTASE A ESTE SÁBADO 26 DE OUTUBRO

 

IMG 2601

“Parece que a BTTroita se resiste, pero nós poremos todo o noso empeño e que esta proba se celebre a súa VI edición” así confirmaba Andrés Díaz esta mañá que a VI edición da BTTroita se celebrará finalmente o sábado pola tarde. Goberno Local e organización de BTTroita tomaron esta decisión xa que este 27 de outubro, coincide co segundo domingo de caza menor. Tal e como dixo Díaz “para a seguridade das e dos participantes na BTTroita e tamén para o desfrute desta práctica, seguida por moitos veciños de Ponte Caldelas, cremos que a mellor opción é adiantar esta proba a tarde do sábado para garantir así a convivencia entre as dúas actividades”. A cita terá lugar na tarde do sábado e sairá ás 16:00 da Alameda de Ponte Caldelas.

Leer más...

O PXOM ESTÁ EN CAMIÑO

 

O PXOM DE PONTE CALDELAS ESTÁ EN CAMIÑO

                                                                                       

PXOM 4

O Goberno Local enviou á Xunta, antes das eleccións locais, o borrador do PXOM acordado polo PSOE, BNG e polo PP. Un documento co que se pretende poñer fin ás Normas Subsidiarias de hai máis de 25 anos e aprobar a primeira ordenación urbanística desenvolvida expresamente para Ponte Caldelas. Pois ben, ese borrador do Plan Xeral xa está de volta no concello de Ponte Caldelas. Agora dende o Goberno Local comezarán a realizar asembleas nos pobos de Ponte Caldelas co fin de dar a coñecer en profundidade ese PXOM en xeral, e en particular de que xeito lle afecta a cada núcleo poboacional do concello.

Leer más...

OTRAS NOTICIAS

equipo goberno ponte caldelas

FOGUEIRAS DE SAN XOÁN
E SAN PEDRO 2020

3 NOVEMBRO IV FEIRA DE ARTESANÍA NA PRAZA DE ESPAÑA

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

20200227 concurso de CARTELES

20200220 concurso de foto

20200220 concurso de REDACCION 

Ponte Caldelas

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

Volver