O Concello de Ponte Caldelas completou os traballos de mellora da Casa do Pobo Municipal ‘Suso Vaamonde’ de Regodobargo cun investimento de 27.599,44 euros, con cargo ó Plan Concellos 2018-2019 da Deputación de Pontevedra. Fai cinco anos, o lugar de Regobogardo, un dos máis activos do municipio a nivel sociocutural, non dispoñía de local social.
Coa chegada de Andrés Díaz á Alcaldía, e logo da negociación cos veciños, o Concello de Ponte Caldelas conseguiu a cesión dos antigo palco da festa, inutilizado dende facía anos, e reconvertiuno en Casa do Pobo. Agora, o Concello, vén de acometer unha importante mellora que fai máis agradable a realización de actividades no local social municipal, pois instalou unha estufa de pellets e dotou á edificicación dunha cociña completamente alicatada e equipada.
Alicatáronse as paredes e colocouse gres porcelánico no chan; falso teito; carpintería de aluminio; instalación eléctrica; estufa de pellets e equipamento completo de cociña: 10 mesas, 60 cadeiras, mesado, campá extractora, cociña de inducción, forno, microondas, lavalouzas, frigorífico, termo para auga quente e fregadeiro de inox.
O Concello de Ponte Caldelas vén de completar as melloras na Casa do Pobo Municipal da Roca co fin de posibilitar a realización de máis actividades por parte da veciñanza do lugar.
A obra de mellora consistiu no revestimento de paredes con alicatado cerámico, a colocación de plaquetas de gres, a instalación dun falso teito, renovación da instalacións eléctrica, a instalación de fontanería e saneamento, a colocación da carpintería de aluminio e a dotación de mobiliario e electrodomésticos para a cociña: cociña de inducción, forno, microondas, neveira, campá extractora, termo de auga quente, lavavaixelas. Tamén se instalou unha churrasqueira de pedra no exterior do edificio. O custo dos traballos ascendeu a 26.530,58 euros e foron realizados con cargo ó Plan Concellos 2018-2019 da Deputación de Pontevedra.
Ponte Caldelas, 21 de novembro de 2020. O Concello de Ponte Caldelas aprobou no Pleno da Corporación do pasado xoves o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES), un instrumento a través do cal se asina un compromiso real co medio ambiente e se aposta pola mellora da eficiencia enerxética e a promoción das enerxías renovables, limpas e asequibles.
O documento elaborou un diagnóstico enerxético local e fixa o compromiso de reducir as emisións ata o 40% no marco do 2030. A aposta de Ponte Caldelas co medio ambiente é firme e confírmase co feito de que coas obras previstas da Avenida de Galicia e a Estrada do Balneario, o concello situarase xa nun 30% de reducción no ano 2021.
Entre os compromisos que se adquiren con este documento está a elaboración dun inventario de emisións; promover a colaboración cidadá co Medio Ambiente; adaptar as estructuras do Concello para reducir as emisións; promover a producción de enerxía a través de fontes renovables; promover a mobilidade sostible e medios de transporte menos contaminantes; implicar á cidadanía na posta en marcha das medidas; mellorar a xestión dos servizos públicos para reducir as emisións de efecto invernadoiro ou promover accións que renoven as institucións e equipamentos máis eficientes.
O Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES) foi elaborado co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
Descarga: Ponte Caldelas aproba o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES)
PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)
Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.