O Concello de Ponte Caldelas reabre a partir do luns 25 de maio con cita previa
O Concello de Ponte Caldelas abre as súas portas de novo o luns 25 de maio e farao baixo o sistema de cita previa. As persoas que precisen facer trámites na Casa Consitorial deberán chamar previamente ao 986750001 ou 986750013 para concertar día e hora co correspondente departamento. O mesmo, na Biblioteca ubicada na Casa da Cultura, pero neste caso chamando ao 986767235.
Como medida de protección, nas oficinas de atención ao público instaláronse mamparas de protección e todas as mesas dispoñen de xel hidroalcólico para desinfección de mans, que se suman á fonte desinfectante xa instalada a carón da porta principal do edificio.
A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONCEDEU Ó CONCELLO DE PONTE CALDELAS, NO ANO 2018, UN PRÉSTAMO SEN XUROS POR IMPORTE TOTAL DE 390.994,50 € PARA LEVAR A CABO VARIOS INVESTIMENTOS
A Deputación de Pontevedra concedeu un Préstamo sen Xuros ó Concello de Ponte Caldelas, no ano 2018, por importe 390.994,50 € para levar a cabo os seguintes investimentos:
A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SUBVENCIONOU A REDACCIÓN DO PLAN DE MOBILIDADE URBANA SUSTENTABLE Ó ABEIRO DA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA A ELABORACIÓN DE PLANS DE MOBILIDADE SUSTENTABLES DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2017
A Deputación de Pontevedra concedeu subvención de 9.000 €, 75% do total do custe de redacción, para a colaboración no financiamento da redacción do Plan de Mobilidade Urbana Sustentable do Concello de Ponte Caldelas.