Enquisas do 4º Plan de Igualdade de Concello de Ponte Caldelas

A Deputación de Pontevedra concede unha subvención de 15.137,10 euros ó Concello de Ponte Caldelas para a redacción do proxecto de reordenación funcional da Praza de Frei Antonio Orge Redacción de proxectos ou obras de mobilidade amable e recuperación
A Deputación de Pontevedra concedeu ó Concello de Ponte Caldelas unha subvención de 15.137,10 euros para a redacción do proxecto de reordenación funcional da Praza de Frei Antonio Orge.
A través do Plan Ágora, a Deputación de Pontevedra otorgou ó Concello de Ponte Caldelas unha axuda a través do Eixe 1 (Redacción de Proxectos) para a "Redacción de proxectos ou obras de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos dos concellos da Rede Ágora a través do eixe 1, Redacción de proxectos.
A redacción do proxecto de reordenación funcional da Praza Frei Antonio Orge (Ponte Caldelas) custou 16.819 euros e a subvención da Deputación de Pontevedra foi de 15.137,10 euros, o 90% do custo do proxecto.
A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SUBVENCIONOU A CONTRATACIÓN DE 10 TRABALLADORES/AS, Ó ABEIRO DA LIÑA 3 DO PLAN CONCELLOS 2021
A Deputación de Pontevedra concedeu ó Concello de Ponte Caldelas unha subvención de 123.115,88 euros para colaborar no financiamento da contratación de 10 persoas desempregadas.
Con esta subvencións contratáronse catro persoas para 'Desbroce e Mantemento de Espazos Públicos'; cinco persoas para 'Reparación e Mantemento de Infraestructuras Municipais' e 1 persoas para 'Limpeza Viaria e doutros Espazos Públicos'.