Completada a mellora da Casa do Pobo Municipal da Roca
- Dotouse á vivenda dunha cociña completamente equipada e unha churrasqueira exterior
- O investimento foi de 26.530,58 euros
O Concello de Ponte Caldelas vén de completar as melloras na Casa do Pobo Municipal da Roca co fin de posibilitar a realización de máis actividades por parte da veciñanza do lugar.
A obra de mellora consistiu no revestimento de paredes con alicatado cerámico, a colocación de plaquetas de gres, a instalación dun falso teito, renovación da instalacións eléctrica, a instalación de fontanería e saneamento, a colocación da carpintería de aluminio e a dotación de mobiliario e electrodomésticos para a cociña: cociña de inducción, forno, microondas, neveira, campá extractora, termo de auga quente, lavavaixelas. Tamén se instalou unha churrasqueira de pedra no exterior do edificio. O custo dos traballos ascendeu a 26.530,58 euros e foron realizados con cargo ó Plan Concellos 2018-2019 da Deputación de Pontevedra.
Ponte Caldelas aproba o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES)
- O Concello comprométese a reducir as emisións de CO2 e gases efectos invernadoiro un 40% en 2030
- Coas obras da Avenida de Galicia e da Estrada do Balneario acadará unha reducción do 30% no ano 2021.
Ponte Caldelas, 21 de novembro de 2020. O Concello de Ponte Caldelas aprobou no Pleno da Corporación do pasado xoves o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES), un instrumento a través do cal se asina un compromiso real co medio ambiente e se aposta pola mellora da eficiencia enerxética e a promoción das enerxías renovables, limpas e asequibles.
O documento elaborou un diagnóstico enerxético local e fixa o compromiso de reducir as emisións ata o 40% no marco do 2030. A aposta de Ponte Caldelas co medio ambiente é firme e confírmase co feito de que coas obras previstas da Avenida de Galicia e a Estrada do Balneario, o concello situarase xa nun 30% de reducción no ano 2021.
Entre os compromisos que se adquiren con este documento está a elaboración dun inventario de emisións; promover a colaboración cidadá co Medio Ambiente; adaptar as estructuras do Concello para reducir as emisións; promover a producción de enerxía a través de fontes renovables; promover a mobilidade sostible e medios de transporte menos contaminantes; implicar á cidadanía na posta en marcha das medidas; mellorar a xestión dos servizos públicos para reducir as emisións de efecto invernadoiro ou promover accións que renoven as institucións e equipamentos máis eficientes.
O Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES) foi elaborado co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
Descarga: Ponte Caldelas aproba o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES)
A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA FIXO ENTREGA DUN DESFIBRILADOR PARA INSTALAR NA CASETA DE SOCORRISMO DA PRAIA FLUVIAL DE A CALZADA AO ABEIRO DA CONVOCATORIA DO ANO 2019
A Deputación de Pontevedra fixo entrega dun desfribrilador ao Concello de Ponte Caldelas, ao abeiro da convocatoria de 2019 para entidades locais da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 20.000 habitantes. A propia Deputación realizou a adquisición dos desfibriladores para as citadas entidades locais beneficiarias, subvencionando, no caso do Concello de Ponte Caldelas, a contía de 1.351,35 €; un 59,60 % do total do custe. O importe restante subvencionouno o propio Concello.
O desfibrilador instalouse na caseta de socorrismo ubicada na Praia fluvial de A Calzada, con intención de que serva de apoio á tarefa dos/as socorristas na tempada estival.