Chega o calendario máis esperado: o do Concello de Ponte Caldelas
- O almanaque foi financiado pola Deputación de Pontevedra con cargo á subvención de dinamización sociolingüística 2020.
- Este ano, como novidade, o almanaque é a toda cor e incorpora un refrán en cada mes
O Concello de Ponte Caldelas xa comezou o reparto do calendario 2021, o almanaque máis agardado polo veciños do municipio que se reparte porta a porta e é totalmente gratuito. Un ano máis está composto por imaxes do municipio e, como novidade, este ano o Concello de Ponte Caldelas elaborouno a toda cor e incorporando refráns en galego en cada un dos doce meses do ano.
Como o 2020 foi un ano un pouco gris o calendario de 2021 ven cargado de enerxía, de positividade e de moita cor, ademais de incorporar todas as feiras de Ponte Caldelas, as festas de cada un dos lugares do municipio e tamén os eventos que se organizan a nivel municipal.
O calendario entregase porta a porta en todas as vivendas do concello e tamén se distribúe nos comercios e locais de hostalería da vila. No Consistorio hai tamén exemplares para que poidan recoller aquelas persoas que desexen facerse con un almanaque que un ano máis logra aunar a esencia de Ponte Caldelas nos doce meses do ano.
Nesta ocasión, protagonizan o calendario a Fonte Luminosa da Praza de España, os petróglifos de Tourón, a ponte de madeira sobre o Río Verdugo, o campanario da Igrexa de Santa Baia, as secuoias de Buchabade, a Praia Fluvial da Calzada, o embalse de Eiras, a Alameda, a capela do Casteliño, os pasos de Portasouto, a Casa Verde e a Fonte do Chafarís.
Completada a mellora do entorno do centro de saúde de Ponte Caldelas
- A obra foi realizada con cargo ó Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra
- Reorganizarase o tráfico e o aparcamento para mellorar a mobilidade e a seguridade viaria na zona
A empresa Caldevergazo SL realizou os traballos de mellora do entorno do centro de saúde, que consiste nunha actuación integral na parte traseira do edificio da Casa Consistorial. A intervención aplicou unha nova capa de rodadura de 5 cm de grosor a todo o ámbito de actuación e supón a reordenación dos aparcamentos e as circulacións coa pertinente sinalización horizontal e vertical.
Os traballos consistiron na limpeza mecánica do firme existente e o fresado da parte do pavimento asfáltico existente. A obra nivelou todas as tapas de pozos e arquetas e aplicouse unha capa de cinco centímetros de aglomerado asfáltico D-12.
A obra, que non se puido rematar dadas as circunstancias climatolóxicas culminará, cando o tempo o permita co pintado da sinalización horizontal, con pintura reflexiva con microesferas de vidro, e a instalación da sinalización vertical.
Completada a mellora da Casa do Pobo ‘Suso Vaamonde’ de Regodobargo
- Instalouse unha estufa de pellets e unha cociña totalmente equipada
- A obra tivo un custe de 27.599,44 euros
O Concello de Ponte Caldelas completou os traballos de mellora da Casa do Pobo Municipal ‘Suso Vaamonde’ de Regodobargo cun investimento de 27.599,44 euros, con cargo ó Plan Concellos 2018-2019 da Deputación de Pontevedra. Fai cinco anos, o lugar de Regobogardo, un dos máis activos do municipio a nivel sociocutural, non dispoñía de local social.
Coa chegada de Andrés Díaz á Alcaldía, e logo da negociación cos veciños, o Concello de Ponte Caldelas conseguiu a cesión dos antigo palco da festa, inutilizado dende facía anos, e reconvertiuno en Casa do Pobo. Agora, o Concello, vén de acometer unha importante mellora que fai máis agradable a realización de actividades no local social municipal, pois instalou unha estufa de pellets e dotou á edificicación dunha cociña completamente alicatada e equipada.
Alicatáronse as paredes e colocouse gres porcelánico no chan; falso teito; carpintería de aluminio; instalación eléctrica; estufa de pellets e equipamento completo de cociña: 10 mesas, 60 cadeiras, mesado, campá extractora, cociña de inducción, forno, microondas, lavalouzas, frigorífico, termo para auga quente e fregadeiro de inox.