Ponte Caldelas estrenará aparcamento gratuíto de autocaravanas a carón da Praia Fluvial da Calzada
O Paseo da Calzada continuará sendo exclusivo para peóns e só se permitirá o acceso de vehículos de emerxencias, autocaravanas e vehículos de persoas mobilidade reducida acreditada
O Concello de Ponte Caldelas ten unha aposta decidida polo turismo de calidade e este ano da un paso adiante coa posta en marcha dun aparcamento gratuíto para autocaravanas a carón da Praia Fluvial da Calzada. Nun enclave único e a carón da única praia fluvial con Bandeira Azul de toda España, os turistas poderán durmir e desfrutar dun espazo máxico e, ó tempo, contar con todos os servizos do casco urbán para que poidan consumir na hostalería e no comercio de Ponte Caldelas. Terán tamén á súa disposición os aseos gratuítos do chiringuito da Praia Fluvial.
O Concello elaborará unha normativa de uso do espazo no que só poderán estacionar autocaravanas durante un máximo de 72 horas. Non se poderán desplegar mesas, cadeiras, toldos… e os animais de compañía deben permanecer nos vehículos e só moverse para entrada ou saída. Non se poden poñer en marcha xeradores de electricidade, haberá control sobre o ruído e para o vaciado dos depósitos as autocaravanas poderán usar a instalación xa dispoñible en Chan da Barcia.
Nos meses de verán, Ponte Caldelas contará con dúas patrullas da Policía Local que traballar en horario de mañá e tarde e que se encargarán de controlar o acceso á zona e que se respecte o cumprimento da normativa.
Declaración Institucional para a adhesión de Ponte Caldelas á rede de entidades locais para desenvolver a ODS da Axenda 2030
A Axenda 2030 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ( ODS), aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 25 de setembro de 2015, é o marco político internacional que os estados membros de Nacións Unidas asumiron como folla de roteiro para a sustentabilidade da vida das persoas desde unha perspectiva social, cultural, económica e medio ambiental. Por iso é polo que os cinco piares sobre os que se constrúe a Axenda sexan planeta, persoas, paz, prosperidade e alianzas.
O pasado 21 de setembro de 2019, no XII Pleno da FEMP, renovouse e reforzou politicamente o liderado e compromiso de aterrar os ODS nas cidades e territorios de abaixo arriba, a través da Declaración específica en favor da Axenda 2030 e dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
A Xunta de Goberno da FEMP aprobou o 26 de novembro de 2019 a creación da Rede de Entidades Locais para desenvolver os ODS da Axenda 2030.
A Rede de Entidades Locais para desenvolver os ODS da Axenda 2030 da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) está formada polos Gobernos Locais que se comprometen a localizar e implementar os ODS da Axenda 2030 de forma transversal nas políticas públicas municipais.
A actividade desta Rede está dirixida a favorecer a coordinación de actuacións entre os Gobernos Locais, permitindo alcanzar mellores resultados na implementación da Axenda 2030 nos municipios, a través da localización e desenvolvemento dos ODS no ámbito local.
Obxectivos da Rede:
• Promover o coñecemento, sensibilización e implantación dos ODS da Axenda 2030 nas entidades locais españolas, mediante o fortalecemento institucional e a implicación dos diferentes actores locais.
• Fortalecer e lexitimar o papel estratéxico que xogan as autoridades locais no desenvolvemento da Axenda 2030 en España para conseguir a mellor incidencia política, promovendo o traballo en rede e a procura de alianzas que impulsen políticas de cohesión a nivel local e unha adecuada articulación multinivel (central, autonómica e local) e multiactor para a construción e implementación da Axenda 2030 a nivel local.
• Actuar como foro de intercambio e experiencias entre os Gobernos Locais que integran a Rede.
• Ofrecer servizos de asesoramento e asistencia para os seus membros, formación de técnicos e a mutua cooperación entre as autoridades das Entidades Locais na localización dos ODS da Axenda 2030 en España.
• Traballar cos Gobernos Locais liñas de actuación concretas tras a crise provocada polo COVID-19 para dar unha resposta no territorio aliñada coa Axenda 2030.
A Rede é un instrumento que ofrecerá ferramentas aos gobernos locais para que alcancen os seus obxectivos, de acordo coa implementación da Axenda 2030 en España. E, ademais, ofrecerá aos gobernos locais pautas, información e propostas de actuacións para facer fronte á crise provocada polo COVI19, tendo moi presente una das principais premisas da Axenda 2030: non deixar a ninguén atrás.
Coa adhesión á Rede de Entidades Locais para o desenvolvemento dos ODS da Axenda 2030, o Goberno Local comprométese a determinar un conxunto de actuacións, que deberán incorporarse nun Plan de Actuación ou Estratexia Local, aprobado polo Pleno, que inclúa unha análise de situación e un plan de localización e implementación dos ODS da Axenda 2030.
Paralelamente, deberase iniciar un proceso de información e sensibilización para a participación de todos os axentes locais, económicos e as organizacións cidadás representados na vida municipal, para a súa implicación na implementación local da Axenda 2030.
Ademais, as cidades que participen na Rede deberán asumir, mediante acordo plenario, a Declaración en favor da Axenda 2030 aprobada pola FEMP no marco do seu XII Pleno.
RESOLVO
1º.- Expresar o compromiso desta alcaldía de asumir a Declaración da Axenda 2030 aprobada polo XII Pleno da FEMP e de xestionar a adhesión a través do Pleno do Concello de Ponte Caldelas á Rede de Entidades Locais para a Axenda 2030.
2º.- Tramitar a implementación de políticas municipais de desenvolvemento dos ODS da Axenda 2030.
Ponte Caldelas, cada vez máis fermosa
-
O mobiliario foi financiado con cargo ó remanente da liña 1 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
-
Instaláronse catro xardineiras con iluminación LED, tres papeleiras e tres bancos con iluminación LED e cargador USB para a carga de dispositivos móbiles.
O Concello de Ponte Caldelas vén de instalar novo mobiliario urbano en tres puntos da vila. Co obxectivo de seguir mellorando a vila é, ó tempo, delimitar o paso dos cidadáns de xeito orenado e controlado, o Concello de Ponte Caldelas vén de instalar tres bancos, catro xardineiras e tres papeleiras.
Os bancos de madeira están tratatos contra a humidade, contan con respaldo e miden 3,5 metros de largo. Incorporan dúas tomas USB para recarga de dispositivos móbiles e a parque inferior do banco está retroiluminada con LED.
As papeleiras son fabricadas en aceiro zincado, contan con tapa superior e tapa frontal e dispoñen de cinceiro desmontable. Pola súa banda, as xardineiras están realizadas en aceiro galvanizado e posterior tratamento en zinc e lacado e dispoñen tamén dunha tira LED para a iluminación nocturna. Contan, ademais, cun áxil sistema de desmontaxe que permite que ocasionalmente se poidan desontar para permitir espazos diáfanos. Todo o mobiliario ten un prazo de garantía de dous anos.