A Deputación de Pontevedra financia con 10.468,92 euros o subministro de xardiñeiras para farolas do casco urbán
A Deputación de Pontevedra subvencionou o 100% do custo do subministro de 30 xardiñeiras para instalar en farolas das rúas Avenida de Galicia, Avenida de Pontevedra, Avenida de Vigo, Concepción Arenal, González Besa e Rúa da Ponte. A operación realizouse a través da Liña 1 do Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra
O Concello de Ponte Caldelas recibe unha subvención de 15.137,10 euros para a redacción do proxecto da Praza de Frei Antonio Orge
O Concello de Ponte Caldelas recibiu unha subvención da Deputación de Pontevedra de 15.137,10 euros para a redacción do proxecto de reordenación funcional da Praza de Frei Antonio Orge. A axuda está enmarcada dentro da liña 1 das subvencións para a redacción de proxectos de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos e para a execución de obras con estes fins no ámbito municipal dos concellos adheridos á Rede Ágora financiou o 90% do custe do proxecto: 15.137,10 euros dos 16.819 que custou a redacción do proxecto.
As características dos proxectos e das obras subvencionables serán as sinaladas nestas bases e nos seus anexos e deberán realizarse sobre rúas ou vías de titularidade municipal ou que estean cedidas ao concello por tempo indefinido.
A finalidade desta convocatoria é impulsar a realización de proxectos e obras de mobilidade amable e recuperar espazos públicos no ámbito municipal para devolverlles os espazos públicos ás persoas e permitir a implantación de formas de desprazamento máis sostibles (a pé, en bicicleta etc.).
O Concello de Ponte Caldelas adquire unha motocicleta para o servizo de Policía Local, financiada ó 100% pola Deputación de Pontevedra
O parque móvil co que conta o servizo de Policía Local está composto dun vehículo de policía local e unha motocicleta tipo trail, e vén a completarse cun terceiro vehículo, unha motocicleta para que os dous axentes poiidan patrullar conxuntamente.
A nova motocicleta, financiada ó 100% pola Deputación de Pontevedra: 14.059,00 euros, dispón das seguintes características:
- Motor CP2 de catro tempos de 689 cc con par alto
- Chasis lixeiro de aceiro tubular de doble cuna
- Asento e carrocería ergonómicos, compactos e estilizados
- Frontal agresivo de tipo rally con catro faros LED
- Horquillas invertidas de 43mm de longo recorrido axustables
- Suspensión traseira axustable de forma remota
- Cabina de tipo rally con manillar cónico
- Llantas de 21/18 pulgadas con neumáticos para aventuras
- Depósito estilizado de gran autonomía con capacidade de 16 litros
- Instrumentos compactos multifunción de tipo rally
- ABS intercambiable para o axuste sobre a marcha
- Pantalla e proxectores para as mans que ofrecen unha boa protección para o conductor