Colocase un manto de pedra branca e plántanse arbustos e plantas baixas nas cinco glorietas da área empresarial

O Concello de Ponte Caldelas continúa traballando na posta a punto dos espazos públicos do municipio e, nesta ocasión, está a traballar nas cinco rotondas do Polígono Empresarial de A Reigosa.Estase a levar a cabo unha actuación integral nas glorietas que consiste nunha limpeza en profundidade, a colocación de malla antiherbas, a aplicación dun manto de pedra blanca e a plantación de arbustos e plantas baixas. Con esta actuación o Concello quere mellorar a imaxe visual do Polígono de A Reigosa, unha zona empresarial na que diariamente traballan centos de persoas e que é un escaparate para as persoas que se achegan á area empresarial por traballo ou negocios. 

rotondas 1

 

 

 

 

O Paseo da Calzada continuará sendo exclusivo para peóns e só se permitirá o acceso de vehículos de emerxencias, autocaravanas e vehículos de persoas mobilidade reducida acreditada

O Concello de Ponte Caldelas ten unha aposta decidida polo turismo de calidade e este ano da un paso adiante coa posta en marcha dun aparcamento gratuíto para autocaravanas a carón da Praia Fluvial da Calzada. Nun  enclave único e a carón da única praia fluvial con Bandeira Azul de toda España, os turistas poderán durmir e desfrutar dun espazo máxico e, ó tempo, contar con todos os servizos do casco urbán para que poidan consumir na hostalería e no comercio de Ponte Caldelas. Terán tamén á súa disposición os aseos gratuítos do chiringuito da Praia Fluvial. 

praia fluvial calzada

“O de autocaravanas é un turismo de calidade, de perfil familiar, respetuoso co Medio Ambiente, que buscan tranquilidade e contacto coa natureza, por iso se escolleu o enclave do actual aparcamento da Praia Fluvial da Calzada para poñelo en marcha”, explica o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz. O parquing queda en desuso logo de peche do Paseo da Calzada ó tráfico, unha medida que se tomou para permitir unha mobilidade peonil segura e que tivo moi boa acollida entre a veciñanza, polo que se manterá tamén neste 2021. O espazo será sometido nos vindeiros meses a un acondicionamento antes da súa inauguración como estacionamento para autocaravanas. 

O Concello elaborará unha normativa de uso do espazo no que só poderán estacionar autocaravanas durante un máximo de 72 horas. Non se poderán desplegar mesas, cadeiras, toldos… e os animais de compañía deben permanecer nos vehículos e só moverse para entrada ou saída. Non se poden poñer en marcha xeradores de electricidade, haberá control sobre o ruído e para o vaciado dos depósitos as autocaravanas poderán usar a instalación xa dispoñible en Chan da Barcia. 

Nos meses de verán, Ponte Caldelas contará con dúas patrullas da Policía Local que traballar en horario de mañá e tarde e que se encargarán de controlar o acceso á zona e que se respecte o cumprimento da normativa. 

 

 

logo PONTE CALDELASA Axenda 2030 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ( ODS), aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 25 de setembro de 2015, é o marco político internacional que os estados membros de Nacións Unidas asumiron como folla de roteiro para a sustentabilidade da vida das persoas desde unha perspectiva social, cultural, económica e medio ambiental. Por iso é polo que os cinco piares sobre os que se constrúe a Axenda sexan planeta, persoas, paz, prosperidade e alianzas.

O pasado 21 de setembro de 2019, no XII Pleno da FEMP, renovouse e reforzou politicamente o liderado e compromiso de aterrar os ODS nas cidades e territorios de abaixo arriba, a través da Declaración específica en favor da Axenda 2030 e dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

A Xunta de Goberno da FEMP aprobou o 26 de novembro de 2019 a creación da Rede de Entidades Locais para desenvolver os ODS da Axenda 2030.

A Rede de Entidades Locais para desenvolver os ODS da Axenda 2030 da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) está formada polos Gobernos Locais que se comprometen a localizar e implementar os ODS da Axenda 2030 de forma transversal nas políticas públicas municipais.

A actividade desta Rede está dirixida a favorecer a coordinación de actuacións entre os Gobernos Locais, permitindo alcanzar mellores resultados na implementación da Axenda 2030 nos municipios, a través da localización e desenvolvemento dos ODS no ámbito local.

Obxectivos da Rede:

• Promover o coñecemento, sensibilización e implantación dos ODS da Axenda 2030 nas entidades locais españolas, mediante o fortalecemento institucional e a implicación dos diferentes actores locais.

• Fortalecer e lexitimar o papel estratéxico que xogan as autoridades locais no desenvolvemento da Axenda 2030 en España para conseguir a mellor incidencia política, promovendo o traballo en rede e a procura de alianzas que impulsen políticas de cohesión a nivel local e unha adecuada articulación multinivel (central, autonómica e local) e multiactor para a construción e implementación da Axenda 2030 a nivel local.

• Actuar como foro de intercambio e experiencias entre os Gobernos Locais que integran a Rede.

• Ofrecer servizos de asesoramento e asistencia para os seus membros, formación de técnicos e a mutua cooperación entre as autoridades das Entidades Locais na localización dos ODS da Axenda 2030 en España.

• Traballar cos Gobernos Locais liñas de actuación concretas tras a crise provocada polo COVID-19 para dar unha resposta no territorio aliñada coa Axenda 2030.

A Rede é un instrumento que ofrecerá ferramentas aos gobernos locais para que alcancen os seus obxectivos, de acordo coa implementación da Axenda 2030 en España. E, ademais, ofrecerá aos gobernos locais pautas, información e propostas de actuacións para facer fronte á crise provocada polo COVI19, tendo moi presente una das principais premisas da Axenda 2030: non deixar a ninguén atrás.

Coa adhesión á Rede de Entidades Locais para o desenvolvemento dos ODS da Axenda 2030, o Goberno Local comprométese a determinar un conxunto de actuacións, que deberán incorporarse nun Plan de Actuación ou Estratexia Local, aprobado polo Pleno, que inclúa unha análise de situación e un plan de localización e implementación dos ODS da Axenda 2030.

Paralelamente, deberase iniciar un proceso de información e sensibilización para a participación de todos os axentes locais, económicos e as organizacións cidadás representados na vida municipal, para a súa implicación na implementación local da Axenda 2030.

Ademais, as cidades que participen na Rede deberán asumir, mediante acordo plenario, a Declaración en favor da Axenda 2030 aprobada pola FEMP no marco do seu XII Pleno.

RESOLVO

1º.- Expresar o compromiso desta alcaldía de asumir a Declaración da Axenda 2030 aprobada polo XII Pleno da FEMP e de xestionar a adhesión a través do Pleno do Concello de Ponte Caldelas á Rede de Entidades Locais para a Axenda 2030.

2º.- Tramitar a implementación de políticas municipais de desenvolvemento dos ODS da Axenda 2030. 

 

 

FOGUEIRAS DE SAN XOÁN
E SAN PEDRO 2021

FONDO EUROPEO 1

FONDO EUROPEO 2

cartel publicidade paces

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

Concello de Ponte Caldelas - 2021