Comezan os contacontos para a cativada
Caxoto Contacontos ofrecerá do mércores 2 ao venres 4 de setembro, nove sesións de contacontos noutros tantos lugares do concello de Ponte Caldelas. A actividade está financiada con cargo ós créditos recibidos do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad.
Contos a Pé de Rúa: Contos, xogos e música ao aire libre con Caxoto Contacontos.
Mércores, 2 de setembro
12.00 horas. Caritel. Carballeira da Chan.
17.00 horas. Silvoso. Adro da Igrexa.
19.00 horas. A Insua. Carreira Ancha. Contos a Pé de Rúa: Contos, xogos e música ao aire libre con Caxoto Contacontos.
Xoves, 3 de setembro
10.00 horas. Taboadelo. Campo da Festa. Contos a Pé de Rúa: Contos, xogos e música ao aire libre con Caxoto Contacontos.
12.00 horas. Xustáns. Campo da Festa. Contos a Pé de Rúa: Contos, xogos e música ao aire libre con Caxoto Contacontos.
17.00 horas. A Reigosa. Campo da Festa. Contos a Pé de Rúa: Contos, xogos e música ao aire libre con Caxoto Contacontos.
19.00 horas. Vilarchán. Campo da Festa. Contos a Pé de Rúa: Contos, xogos e música ao aire libre con Caxoto Contacontos.
Venres, 4 de setembro
17.00 horas. Tourón. Campo da Festa. Contos a Pé de Rúa: Contos, xogos e música ao aire libre con Caxoto Contacontos.
19.00 horas. Alameda de Ponte Caldelas. Contos a Pé de Rúa: Contos, xogos e música ao aire libre con Caxoto Contacontos.
O Concello de Ponte Caldelas reabre a partir do luns 25 de maio con cita previa
O Concello de Ponte Caldelas abre as súas portas de novo o luns 25 de maio e farao baixo o sistema de cita previa. As persoas que precisen facer trámites na Casa Consitorial deberán chamar previamente ao 986750001 ou 986750013 para concertar día e hora co correspondente departamento. O mesmo, na Biblioteca ubicada na Casa da Cultura, pero neste caso chamando ao 986767235.
Como medida de protección, nas oficinas de atención ao público instaláronse mamparas de protección e todas as mesas dispoñen de xel hidroalcólico para desinfección de mans, que se suman á fonte desinfectante xa instalada a carón da porta principal do edificio.
A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONCEDEU Ó CONCELLO DE PONTE CALDELAS, NO ANO 2018, UN PRÉSTAMO SEN XUROS POR IMPORTE TOTAL DE 390.994,50 € PARA LEVAR A CABO VARIOS INVESTIMENTOS
A Deputación de Pontevedra concedeu un Préstamo sen Xuros ó Concello de Ponte Caldelas, no ano 2018, por importe 390.994,50 € para levar a cabo os seguintes investimentos: