depologo

A Deputación de Pontevedra fixo entrega dun desfribrilador ao Concello de Ponte Caldelas, ao abeiro da convocatoria de 2019 para entidades locais da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 20.000 habitantes. A propia Deputación realizou a adquisición dos desfibriladores para as citadas entidades locais beneficiarias, subvencionando, no caso do Concello de Ponte Caldelas, a contía de 1.351,35 €; un 59,60 % do total do custe. O importe restante subvencionouno o propio Concello.

O desfibrilador instalouse na caseta de socorrismo ubicada na Praia fluvial de A Calzada, con intención de que serva de apoio á tarefa dos/as socorristas na tempada estival.

 

  • O curso iniciarase o 5 de outubro e rematará o 18 de decembro
  • As inscricións deben facerse antes do 30 de setembro no Concello

Ponte Caldelas, 21 de setembro de 2020. O Concello de Ponte Caldelas lanza unha nova actividade formativa para activar o emprego entre as mulleres do municipio. ‘Capacitadas’ é unha acción formativa gratuíta para que as mulleres de Ponte Caldelas se preparen para traballar como operarias de producción e loxística. 

Son 170 horas de formación que se iniciará o 5 de outubro de 2020 e conta cunha parte teórico-práctica, un curso de manexo de carretillas elevadoras, sesións de asesoramento para a procura de emprego e prácticas en empresas. A parte teórica son 48 horas (12 sesións de 4 horas entre o 5 e o 23 de outubro); logo haberá 18 horas de prácticas para o manexo de carretillas elevadoras e a formación finalizará 7 días de prácticas en empresas.

As inscricións poden facerse ata o mércores 30 de setembro no rexistro do Concello de Ponte Caldelas e hai que presentar unha copia da tarxeta de demandante de emprego, unha copia do dni e o currículum. 

Capacitadas web

 

 

estrada balneario 2

 O Concello de Ponte Caldelas llora dos itinerarios peatonais na estrada do Balneario, de maneira que quedará un vial de sentido único no que se crearán beirarrúas en pedra, estacionamentos en batería para incrementar o número de prazas, incluíndo espazos para o aparcamento de autobuses, así como creación de zonas verdes e dotación de mobiliario urbano. O custo do proxecto é de 674.506,18 euros e a subvención concedida dos Fondos FEDER (Fondo Europeo de Desarrollo Regional ) ascende a  539.604,94 euros.

As axudas recibidas enmárcanse na “Convocatoria de Ayudas a Entidades Locales para proyectos singulares de entidades locales que favorezcan el paso a una economía baja en carbono en el marco del programa operativo FEDER de crecimiento sostenible 2014-2020 (Real Decreto 316/2019, por el que se modifica el Real Decreto 616/2017, de 16 de junio)”, sendo outorgadas polo Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía  (IDAE), entidade adscrita ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. 

logo idadeunión europea 2

 

 

FOGUEIRAS DE SAN XOÁN
E SAN PEDRO 2021

FONDO EUROPEO 1

FONDO EUROPEO 2

cartel publicidade paces

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

Concello de Ponte Caldelas - 2021