logo agader      Logo FEADERlogo deputación
       
O Concello de Ponte Caldelas completou a segunda fase da mellora da estrada de Anceu a Barbudo, traballos que realizou a empresa Construcciones Fechi SL, que realizou os traballos por 36.137,76 euros.
 
O proxecto de ‘Mellora da Estrada de Anceu a Barbudo’ é unha obra importante para a veciñanza das dúas parroquias posto que mellorará notablemente as comunicacións entre ambos lugares do concello de Ponte Caldelas.
 
A obra foi financiada con cargo á subvención de proxectos para a mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021. A obra saíu a concurso por 36228,33 euros e cun custe de control de calidade de 388,69 euros. Foi adxudicada a Construcciones Fechi SL por 36,.137,76 euros e o control de calidade tivo un custe de 360,58 euros.
 
A subvención de Agader foi de 30.262 euros, correspondendo 29.940,77 euros á execución da obra e 321,23 euros ó control de calidade. O 75% dos fondos procede do Feader: 22696,50 euros; o 7,5% do Mapama: 2.269,65 euros e o 17,5% da Xunta de Galicia: 5.295,85 euros. 
 
Ademais, recibiuse unha subvención da Deputación de 6.355,02 euros, con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2020 , correspondendo 6.287,56 euros á obra e 67,46 euros ó control de calidade. 
 
FOTO ESTRADA DE ANCEU A BARBUDO PINTADA 6        IMG 20210121 WA0008