×

Aviso

Fallo ao cargar o ficheiro XML

O evento conta coa colaboración do Concello de Ponte Caldelas e asistirán participantes de Fornelos, A Lama, Monte Porreiro, Pontevedra e Ponte Caldelas

Unha decena de equipos participará na primeira edición do Torneo de Fútbol Sala que terá lugar a vindeira fin de semana no pavillón de deportes municipal de Ponte Caldelas e que conta coa colaboración do Concello.

Os equipos que formarán parte do elenco que competirá polos distintos premios proceden de Fornelos, A Lama, Monte Porreiro, Pontevedra e Ponte Caldelas. O gañador, ademais do trofeo acreditativo da xesta, recibirá 500 euros de premio; o segundo clasificado terá trofeo e 200 euros e o terceiro, 100 euros e trofeo.

A organización prevé tamén a entrega de premios para o mellor xogador, o porteiro menos goleado e o goleador do torneo que se disputará nas instalacións renovadas do pavillón municipal de deportes de Ponte Caldelas.

O alcalde, Andrés Díaz, agradeció ao organizadores que elixiran o Concello de Ponte Caldelas para realizar este primeiro trofeo e animou a tódolos colectivos sociais e deportivos a realizar actividades que teñan como punto de referencia o pavillón de deportes "como un xeito de abrilo á cidadanía e favorecer a práctica saudable do deporte para tódalas idades".

Díaz Sobral asistirá á entrega de trofeos que terá lugar na xornada de clausura que terá lugar no pavillón municipal o vindeiro domingo.

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

FOGUEIRAS DE SAN XOÁN
E SAN PEDRO 2020

FONDO EUROPEO 1

FONDO EUROPEO 2

3 NOVEMBRO IV FEIRA DE ARTESANÍA NA PRAZA DE ESPAÑA

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

piscore

20200227 concurso de CARTELES

20200220 concurso de foto

20200220 concurso de REDACCION 

Ponte Caldelas

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

JSN_TPLFW_GOTO_TOP