Ponte Caldelas, 22 de decembro de 2020. O Concello de Ponte Caldelas organiza un ano máis un curso gratuito para a preparación do exame de Graduado en ESO, un título básico que abre as portas a moitos empregos, necesario para acceder a cursos do Inem cos que se poden obter certificados de profesionalidade e que é imprescindible para presentarse a calquera oposición.
O curso está financiado polo Concello de Ponte Caldelas e iniciarase o luns 11 de xaneiro, extendéndose ata o venres 21 de maio. As clases impartiranse os luns, mércores e venres de 10.00 horas a 13.00 horas na Casa da Cultura de Ponte Caldelas.
Todas as persoas interesadas en participar poderán presentar as súas solicitudes na Alcaldía do Concello de Ponte Caldelas. Con esta iniciativa, o Concello de Ponte Caldelas pretende seguir coa loita contra o abandono escolar e facilitar ás veciñas e veciños de Ponte Caldelas a base para que non pechen as portas a outras actividades formativas, primordial nos tempos que corren.
Descarga aquí os impresos de solicitude de inscripción:
CURSO DE APLICADOR DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS
CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Prezo: Gratuito
Nº Horas: 5 h
Impartición: 07/11/15
Lugar: Casa de Cultura Ponte Caldelas
Horario: 16:30 – 21:30 h
Inscricións: Oficinas do Concello
Prazo: ata o 23/10/15