igualdadO Concello de Ponte Caldelas está a iniciar, coa colaboración e asesoría técnica de SENES CIT SL, o proceso de elaboración do IV Plan de Igualdade municipal contra a violencia de xénero (PIM).
 
A elaboración dun Plan de Igualdade municipal contra a violencia de xénero é un proceso participativo que precisa das achegas, suxestións e opinións de todas as persoas implicadas. Tratando de realizar tanto unha diagnose de xénero, como un documento real que sirva de base para a verdadeira transformación social da sociedade que contribúa de maneira efectiva á mellora da calidade de vida das mulleres e homes de Ponte Caldelas optimizando así os recursos existentes.
 
Neste marco de colaboración, as opinións da cidadanía de Ponte Caldelas son de gran importancia, por este motivo, solicitamos a vosa colaboración nesta fase de diagnose a través do cumprimento dunha enquisa que servirá como punto de partida para a realización da mesma e que se deberá ter enviada antes do día 20 de marzo de 2022.
 
Podes acceder á enquisa premendo no seguinte enlace:
 
 
O Concello de Ponte Caldelas agradece de antemán a vosa colaboración.