depologo

A Deputación de Pontevedra concedeu ó Concello de Ponte Caldelas unha subvención de 15.137,10 euros para a redacción do proxecto de reordenación funcional da Praza de Frei Antonio Orge. 

A través do Plan Ágora, a Deputación de Pontevedra otorgou ó Concello de Ponte Caldelas unha axuda a través do Eixe 1 (Redacción de Proxectos) para a "Redacción de proxectos ou obras de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos dos concellos da Rede Ágora a través do eixe 1, Redacción de proxectos. 

 

A redacción do proxecto de reordenación funcional da Praza Frei Antonio Orge (Ponte Caldelas) custou 16.819 euros e a subvención da Deputación de Pontevedra foi de 15.137,10 euros, o 90% do custo do proxecto.