A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SUBVENCIONOU A CONTRATACIÓN DE 10 TRABALLADORES/AS, Ó ABEIRO DA LIÑA 3 DO PLAN CONCELLOS 2021
- Detalles
A Deputación de Pontevedra concedeu ó Concello de Ponte Caldelas unha subvención de 123.115,88 euros para colaborar no financiamento da contratación de 10 persoas desempregadas.
Con esta subvencións contratáronse catro persoas para 'Desbroce e Mantemento de Espazos Públicos'; cinco persoas para 'Reparación e Mantemento de Infraestructuras Municipais' e 1 persoas para 'Limpeza Viaria e doutros Espazos Públicos'.