LODODEPUTACION








O Concello de Ponte Caldelas vén de instalar novo mobiliario urbano, financiado pola Deputación de Pontevedra, en varios puntos da vila, para seguir embelencendo e mellorando a calidade de vida dos veciños. Co obxectivo de seguir mellorando a vila o Concello de Ponte Caldelas vén de instalar tres bancos con iluminación LED e cargador de USB, varias xardineiras e 11 papeleiras. 

Os bancos de madeira ubicáronse na Praza do Bispo, sustituindo ós antigos, e están tratatos contra a humidade, contan con respaldo e miden 3,5 metros de largo. Incorporan dúas tomas USB para recarga de dispositivos móbiles e a parte inferior do banco está retroiluminada con LED.

As papeleiras son fabricadas en aceiro zincado, contan con tapa superior e tapa frontal e dispoñen de cinceiro desmontable. Están ubicadas na Avenida de Pontevedra, Praza do Bispo e Rúa Augusto González Besada. Pola súa banda, as xardineiras están realizadas en aceiro galvanizado e posterior tratamento en zinc e lacado e repártense entre a Praza do Bispo, Rúa da Ponte e Praza de España - Avenida de Vigo. 

mobiliario 7

mobiliario 5

mobiliario 2