depologo

  • casas indianas2
  • Crea unha ruta polas cinco vivendas con especial protección no casco urbán a través dun proxecto financiado pola Deputación de Pontevedra
  • Nesta primeira fase do proxecto colocáronse dous atriles e tres placas informativas nas que se fai unha descripción arquitectónica sobre as mesmas que pode lerse en tres idiomas a través dun código qr

Ponte Caldelas, 16 de xuño de 2021. O Concello de Ponte Caldelas segue traballando en prol da recuperación da historia da vila e nesta ocasión faino coa posta en valor das Casas Indianas a través dun proxecto financiado con cargo á 'Subvención para a rehabilitación e sinalizaición do patrimonio histórico e cultural do ano 2020' da Deputación de Pontevedra. Na primeira fase do proxecto, sinalizáronse cinco vivendas con especial protección: a Casa de Clotilde Fernández; a Casa de Dolores Méndez; Casa de Carmen Couto Cal; Casa da Rúa López Boullosa; e a Casa de Manuel Rodríguez. Todas son de estilo arquitectónico indiano e foron sinalizadas cuns paneis de aceiro inoxidable e recubrimento vinílico con deseño exclusivo nas que se fai unha descripción arquitectónica e estilística da vivenda que, a través dun código qr, se pode ler en tres idiomas diferentes. 

Todos os paneis conteñen unha ilustración de cada unha das vivendas e unha referencia literaria sobre a arquitectura indiana que tan representativa é no concello de Ponte Caldelas. Esta é a primeira fase deste proxecto de sinalización e valorización das casas indianas e está previsto que o vindeiro ano se continúe visibilizando este tipo de arquitectura a través das Casas Indianas, seguindo coas do casco urbán e do rural, sendo Ponte Caldelas un dos concellos máis representativos de Galicia nesta arquitectura tan espectacular. 

O proxecto foi levado a cabo polo arqueólogo Alberte Reboreda, que destaca a boa conservación destas vivendas singulares e a importancia do concello de Ponte Caldelas en canto a arquitectura indiana se refire. O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, explica que esta é a primeira fase dun proxecto que quere “dar a coñecer a importancia do patrimonio arquitectónico que temos en Ponte Caldelas, onde as Casas Indianas son un símbolo tanto no casco urbán como no rural”. 

casas indianas8

 

casas indianas4