• O almanaque foi financiado pola Deputación de Pontevedra con cargo á subvención de dinamización sociolingüística 2020.
  • Este ano, como novidade, o almanaque é a toda cor e incorpora un refrán en cada mes 

O Concello de Ponte Caldelas xa comezou o reparto do calendario 2021, o almanaque máis agardado polo veciños do municipio que se reparte porta a porta e é totalmente gratuito. Un ano máis está composto por imaxes do municipio e, como novidade, este ano o Concello de Ponte Caldelas elaborouno a toda cor e incorporando refráns en galego en cada un dos doce meses do ano. 

Como o 2020 foi un ano un pouco gris o calendario de 2021 ven cargado de enerxía, de positividade e de moita cor, ademais de incorporar todas as feiras de Ponte Caldelas, as festas de cada un dos lugares do municipio e tamén os eventos que se organizan a nivel municipal. 

O calendario entregase porta a porta en todas as vivendas do concello e tamén se distribúe nos comercios e locais de hostalería da vila. No Consistorio hai tamén exemplares para que poidan recoller aquelas persoas que desexen facerse con un almanaque que un ano máis logra aunar a esencia de Ponte Caldelas nos doce meses do ano.

Nesta ocasión, protagonizan o calendario a Fonte Luminosa da Praza de España, os petróglifos de Tourón, a ponte de madeira sobre o Río Verdugo, o campanario da Igrexa de Santa Baia, as secuoias de Buchabade, a Praia Fluvial da Calzada, o embalse de Eiras, a Alameda, a capela do Casteliño, os pasos de Portasouto, a Casa Verde e a Fonte do Chafarís.

LODODEPUTACION

calendario

calendario1

calendario2

calendario3

calendario4