Completada a mellora da Casa do Pobo Municipal da Roca
- Detalles
- Dotouse á vivenda dunha cociña completamente equipada e unha churrasqueira exterior
- O investimento foi de 26.530,58 euros
O Concello de Ponte Caldelas vén de completar as melloras na Casa do Pobo Municipal da Roca co fin de posibilitar a realización de máis actividades por parte da veciñanza do lugar.
A obra de mellora consistiu no revestimento de paredes con alicatado cerámico, a colocación de plaquetas de gres, a instalación dun falso teito, renovación da instalacións eléctrica, a instalación de fontanería e saneamento, a colocación da carpintería de aluminio e a dotación de mobiliario e electrodomésticos para a cociña: cociña de inducción, forno, microondas, neveira, campá extractora, termo de auga quente, lavavaixelas. Tamén se instalou unha churrasqueira de pedra no exterior do edificio. O custo dos traballos ascendeu a 26.530,58 euros e foron realizados con cargo ó Plan Concellos 2018-2019 da Deputación de Pontevedra.