• O curso iniciarase o 5 de outubro e rematará o 18 de decembro
  • As inscricións deben facerse antes do 30 de setembro no Concello

Ponte Caldelas, 21 de setembro de 2020. O Concello de Ponte Caldelas lanza unha nova actividade formativa para activar o emprego entre as mulleres do municipio. ‘Capacitadas’ é unha acción formativa gratuíta para que as mulleres de Ponte Caldelas se preparen para traballar como operarias de producción e loxística. 

Son 170 horas de formación que se iniciará o 5 de outubro de 2020 e conta cunha parte teórico-práctica, un curso de manexo de carretillas elevadoras, sesións de asesoramento para a procura de emprego e prácticas en empresas. A parte teórica son 48 horas (12 sesións de 4 horas entre o 5 e o 23 de outubro); logo haberá 18 horas de prácticas para o manexo de carretillas elevadoras e a formación finalizará 7 días de prácticas en empresas.

As inscricións poden facerse ata o mércores 30 de setembro no rexistro do Concello de Ponte Caldelas e hai que presentar unha copia da tarxeta de demandante de emprego, unha copia do dni e o currículum. 

Capacitadas web