O Concello de Ponte Caldelas organiza entre o luns 7 e o venres 11 de setembro espectáculos infantiles con seguridade para os máis pequenos do municipio. 

O Concello quere que os máis pequenos da casa teñan tamén unha programación en exclusiva para eles neste ano no que nos deron unha lección de adaptación, comportamento e cumprimento das medidas hixiénico-sanitarias establecidas. 

“É unha programación feita con cariño por e para as nenas e nenos, porque sodes o futuro deste concello, deste país, e sempre sabedes sacar o aspecto máis positivo das peores situacións. Porque nos destes unha lección de vida e estou seguro de que nos vindeiros meses o ides seguir facendo”, explica o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz. 

 Cé Orquesta Pantasma, Oradaladou, Bandullo Azul, Xoan Curiel e Barafunda son os artistas que animarán os corazóns dos máis pequenos da casa entre o mércores 2 e o venres 11 de setembro na Alameda de Ponte Caldelas. 

As actividades están organizadas polo Concello de Ponte Caldelas e son subvencionadas polo programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia. 

Programación: 

 

Luns, 7 de setembro

19.00 horas. Alameda de Ponte Caldelas. ‘Os fíos do querer’ con Cé Orquestra Pantasma

Martes, 8 de setembro

19.00 horas. Alameda de Ponte Caldelas. ‘Cancioneiro de música tradicional’ con Oradaladou. 

Mércores, 9 de setembro

19.00 horas. Alameda de Ponte Caldelas. ‘Filipa cos contos’ de Bandullo Azul

Xoves, 10 de setembro

19.00 horas. Alameda de Ponte Caldelas. ‘Canta miña pedra canta’ con Xoan Curiel.

Venres, 11 de setembro

19.00 horas. Alameda de Ponte Caldelas. ‘Contacontos: Pepiña Maruxiña quere voar’ con Barafunda

AHORADOS NENOS WEB.001