mamparas O Concello de Ponte Caldelas abre as súas portas de novo o luns 25 de maio e farao baixo o sistema de cita previa. As persoas que precisen facer trámites na Casa Consitorial deberán chamar previamente ao 986750001 ou 986750013 para concertar día e hora co correspondente departamento. O mesmo, na Biblioteca ubicada na Casa da Cultura, pero neste caso chamando ao 986767235. 

Como medida de protección, nas oficinas de atención ao público instaláronse mamparas de protección e todas as mesas dispoñen de xel hidroalcólico para desinfección de mans, que se suman á fonte desinfectante xa instalada a carón da porta principal do edificio.