×

Advertencia

Fallo cargando el archivo XML.

SantaAnamuro

O barrio de Santana, en Buchabade, tamén foi obxecto de melloras dentro do plan de actuacións que o Goberno local de Ponte Caldelas está a desenvolver por todo o municipio atendendo peticións veciñais.

O alcalde, Andrés Díaz, visitou as obras de execución dun muro de contención que serve para consolidar o terreo no bordo dunha pista municipal. Deste xeito amplíase a súa sección e facilítase o paso de vehículos. Ao tempo, resólvese o problema cara a unha finca particular.

A actuación estaba sendo demandada dende hai moito tempo e o actual equipo de goberno, integrado polos grupos municipais do PSdeG-PSOE, AVP e BNG, é sensible con este tipo de actuacións, pois atopouse con centos de problemas derivados de augas pluviais e muros de contención ao longo de todo o municipio.

O alcalde subliña que todas as peticións xustificadas están a ser atendidas progresivamente e a veciñanza entende perfectamente que é un labor inxente que vai levar tempo acometer e  resolver. Ademais engade que no Concello de Ponte Caldelas as pequenas obras  se pactan e se acordan nas asembleas que o Goberno local ao completo celebra cos habitantes en cada un dos 33 núcleos de poboación, “sen ningún tipo de intermediarios ou conseguidores”, simplemente por diálogo directo entre os veciños e os seus representantes municipais.

OTRAS NOTICIAS

equipo goberno ponte caldelas

3 NOVEMBRO IV FEIRA DE ARTESANÍA NA PRAZA DE ESPAÑA

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

20200227 concurso de CARTELES

20200220 concurso de foto

20200220 concurso de REDACCION 

Ponte Caldelas

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

Volver