depologo

A Deputación de Pontevedra colaborou co Concello de Ponte Caldelas na programación cultural do verán do ano 2022. Ao abeiro  da Liña 2 do Plan Concellos 2022. A Deputación de Pontevedra concedeu unha subvención de 40.771,37 euros dos que o Concello de Ponte Caldelas investiu un total de 40.40.305,98 euros, repartidos na actuación de sete bandas de música e 32 concertos que se desenvolveron durantes os meses de, maio, xuño, xullo, agosto e setembro de 2022. . 
Debido a que todos os concertos estiveron programados e tiveron lugar ó aire libre na Alameda de Ponte Caldelas, hubo algunhas actuacións que non puideron desenvolverse debido ás inclemencias meteorolóxicas, 

Ponte Caldelas prepárase para unha intensa fin de semana coa Festa das Dores. 

Programa completo: 

 

Venres, 26 de agosto. 
21.30 horas. Son das Tabernas 
23.59 horas. Caldelas Xoven 
 
Sábado, 27 de agosto. 
13.30 horas. Banda de Música de Mondariz
20.00 horas. Procesión das Dores
20.30 horas. Festival Folclórico Internacional 
23.00 horas: Orquestra Fania Blanco Show e grupo Noche de Estrellas
 
Domingo, 28 de agosto. 
13.30 horas. Banda de Música Unión Musical de Tenorio
21.30 horas. Luar na Lubre
23.30 horas: Orquestra Olympus 
 
Luns, 29 de agosto. 
13.30 horas. Banda de Música Cultural de Arcade
21.30 horas. Festival Son de Ponte Caldelas 
23.00 horas. Grupo Claxxon 
 
Martes, 30 de agosto. 
13.30 horas. Banda de Música de Redondela
20.30 horas. Procesión das Dores acompañada pola Banda de Gaitas Os Coribantes, a Banda de Guerra da Brilat e a Escuadra de Gastadores da Brilat. 
23.00 horas. Alameda de Ponte Caldelas. Verbena coas orquestras Miramar, Magos e América de Vigo

Festa Das Dores 2



  • De venres a domingo a Alameda de Ponte Caldelas encherase de música, gastronomía e cultura 
  • Xa está instalada a iluminación de verán, que conta cun gran paraugas central na Praza de España e iluminación decorativa en toda a Alameda en cor verde, branca e morada.

Ponte Caldelas, 26 de maio de 2022. Ponte Caldelas está xa as portas da Festa da Troita e espérase unha intensa fin de semana na Alameda de Ponte Caldelas, onde a amplia programación e a previsión de bo tempo forman o tándem perfecto. Un ano máis, e xa van tres, a Praza de España e a Alameda de Ponte Caldelas contan unha especial iluminación que se acenderá con motivo da Festa da Troita e que se manterá durante todo o verán, ata o mes de setembro. Este ano, como novidade, tamén se instalou unha fermosa iluminación branca que cubre toda a Rúa da Igrexa. 

E é que a Alameda de Ponte Caldelas converterase esta fin de semana nunha gran festa coa troita como protagonista. Haberá posibilidade de degustar troitas fritidas e en escabeche durante o sábado e o domingo. O sábado o stand abrirá a partir das 19.00 horas e o domingo farao en horario de 12.00 a 14.30 e de 19.00 a 21.00 horas. Os prezos continúan sendo populares e a ración de troitas, con pan e un vaso de viño ou botella de auga mantéñense nos 3 euros. 

Programación

As actividades comezan mañá venres, ás 21.30 horas, co concerto de presentación do terceiro disco dos Coribantes, que contarán coa colaboración de numerosos persoeiros do mundo da música e da danza que os arrouparán na presentación do seu último traballo musical: A Ponte da Música. A actuación musical enmárcase dentro do I Festival Troita Folk de Ponte Caldelas, que terá tamén concertos durante a xornada do sábado e do domingo. 

O sábado as actividades comezan ás 8.30 horas, cando se inicia o concurso internacional de Pesca Deportiva na súa categoría Sénior e Veteranos. O concurso está organizado pola Sociedade de Caza e Pesca Verdeseixo coa colaboración do Concello de Ponte Caldelas. A partir das 17.30 horas comezan as exhibición de baile de grupos locais, nas que participarán o Club Treboada, o grupo de baile moderno do Colexio Público A Reigosa, o grupo de baile rexional “Escola de Bailes Tradicionais Trouleada de Ponte Caldelas”, o grupo de baile infantil da Banda de Gaitas Os Coribantes de Buchabade., o grupo de bailes de salón ‘Máis Que Baile’e o grupo de bailes de salón ‘Ponte Caldelas Baila’. 

Ás 20:00 horas comeza o Certame de Corais, que por primeira vez se realiza na Alameda de Ponte Caldelas. Participarán a Coral Valdarrosa de Ponte Caldelas, a Coral Polifónica Ventos do Val de Mos e a Coral Trasdeza de Silleda. A continuación dará comezo a segunda xornada do I Festival Troita Folk, que contará coas actuacións do grupo de baile da Banda de Gaitas Os Coribantes de Buchabade e o Grup Folkloric Sa Colla de Buscastell de Ibiza. A partir das 23:00 horas comezará a verbena coa orquestra Alizanza e a Eme Music Disco Móvil, co Dj David Expósito de Radio Lider. 

O domingo o concurso de pesca comeza ás 9.00 horas na categoría Feminina, Xuvenís e Infantís. Ás 12.00 horas comeza o pasarrúas coa Banda de Música de Meaño, ás 13.00 horas terá lugar a entrega de trofesos do Campionato de Pesca na Alameda de Ponte Caldelas e rematará o acto co concerto da citada Banda de Música ás 13.30 horas. A actividade de clausura á o concerto de Cantos de Taberna cos grupos Catro Ventos e Cantanascroas, que se enmarca no I Festival Troita Folk de Ponte Caldelas.

 

Exposición

A Casa da Cultura acolle tamén ata o domingo 29 a exposición ‘Esmalte ao Lume e Vitrofusión’. Da man de Olga Durán e Isabel Perea é amósase a expresión artística dunha técnica cada vez máis rara e que mesmo corre o risco de perderse. Pezas de bisutería e cadros forman esta mostra que está aberta en horario de mañá e tarde.

pag 2

cartel troita

Festa da Troita 2018 LII

cartel publicidade paces

FONDO EUROPEO 1

FONDO EUROPEO 2

sede electronica ponte caldelas

FORMACION

fiestas

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

Concello de Ponte Caldelas - 2021