A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SUBVENCIONOU A CONTRATACIÓN DE 13 TRABALLADORES/AS, Ó ABEIRO DA LIÑA 3 DO PLAN CONCELLOS 2020
A Deputación de Pontevedra concedeu subvención de 122.263,49 €, para a colaborar no financiamento da contratación de 13 persoas desempregadas para a realización dos seguintes servizos entre o 15/06/2020 e o 31/12/2020:
SERVIZO | Nº Traballadores/as Subvencionados/as |
Desbroce e Mantemento de Espazos Públicos | 8 |
Reparación e Mantemento de Infraestructuras Municipais | 4 |
Limpeza viaria e doutros espazos públicos | 1 |
Posta a punto das rotondas do Polígono de A Reigosa
Colocase un manto de pedra branca e plántanse arbustos e plantas baixas nas cinco glorietas da área empresarial
O Concello de Ponte Caldelas continúa traballando na posta a punto dos espazos públicos do municipio e, nesta ocasión, está a traballar nas cinco rotondas do Polígono Empresarial de A Reigosa.Estase a levar a cabo unha actuación integral nas glorietas que consiste nunha limpeza en profundidade, a colocación de malla antiherbas, a aplicación dun manto de pedra blanca e a plantación de arbustos e plantas baixas. Con esta actuación o Concello quere mellorar a imaxe visual do Polígono de A Reigosa, unha zona empresarial na que diariamente traballan centos de persoas e que é un escaparate para as persoas que se achegan á area empresarial por traballo ou negocios.
Ponte Caldelas estrenará aparcamento gratuíto de autocaravanas a carón da Praia Fluvial da Calzada
O Paseo da Calzada continuará sendo exclusivo para peóns e só se permitirá o acceso de vehículos de emerxencias, autocaravanas e vehículos de persoas mobilidade reducida acreditada
O Concello de Ponte Caldelas ten unha aposta decidida polo turismo de calidade e este ano da un paso adiante coa posta en marcha dun aparcamento gratuíto para autocaravanas a carón da Praia Fluvial da Calzada. Nun enclave único e a carón da única praia fluvial con Bandeira Azul de toda España, os turistas poderán durmir e desfrutar dun espazo máxico e, ó tempo, contar con todos os servizos do casco urbán para que poidan consumir na hostalería e no comercio de Ponte Caldelas. Terán tamén á súa disposición os aseos gratuítos do chiringuito da Praia Fluvial.
O Concello elaborará unha normativa de uso do espazo no que só poderán estacionar autocaravanas durante un máximo de 72 horas. Non se poderán desplegar mesas, cadeiras, toldos… e os animais de compañía deben permanecer nos vehículos e só moverse para entrada ou saída. Non se poden poñer en marcha xeradores de electricidade, haberá control sobre o ruído e para o vaciado dos depósitos as autocaravanas poderán usar a instalación xa dispoñible en Chan da Barcia.
Nos meses de verán, Ponte Caldelas contará con dúas patrullas da Policía Local que traballar en horario de mañá e tarde e que se encargarán de controlar o acceso á zona e que se respecte o cumprimento da normativa.