Ponte Caldelas pechou 2016 cun balanzo positivo de máis de 450.000 euros e reducindo a débeda

FOTO GRUPO CALDELAS 3 web

O alcalde súmase ás voces que esixen ao Goberno de España que elimine a absurda regra de gasto e que permita investir o superávit

O Concello de Ponte Caldelas pechou o ano 2016, cunhas contas saneadas e boas perspectivas económicas. Unha vez computados todos os ingresos e gastos referidos a todos os exercizos pasados obsérvase unha liquidación positiva que alcanza os 465.482,33 euros grazas, por unha banda aos aforros na xestión municipal durante o ano e, por outra, ao cobro de débedas que viñan arrastrándose dende anos anteriores.

O informe de Intervención analiza os Orzamentos de 2016 e aplaude a correcta previsión de ingresos e a xestión xeral dos gastos. Deste xeito conclúe que o ano pechouse cun superávit orzamentario de 271.745,75 euros e un remanente total de Tesourería de 446.478,26 euros, que é moi superior ao do ano 2015.

O alcalde, Andrés Díaz, á vista do informe de Intervención afirma que o Concello atópase na mellor situación económica da súa historia,

Leer más...

O río Verdugo, a troita e as sequoias, “gañadores” nos concursos de carteis e fotografía da Festa da Troita

carteltroita2017

O cartel “Ponte Caldelas é parte de ti” e a foto “As sequoias perdidas” son as máis votadas polos veciños e obteñen o primeiro premio

Os concursos de Carteis e Fotografía da LI Festa da Troita quedaron decididos unha vez concluído o período de exposición pública, no que a veciñanza de Ponte Caldelas votou para elixir ás mellores propostas de entre as seleccionadas previamente polo xurado cualificador.

O río Verdugo, a nova escultura da troita e o bosque de sequoias de Vilarchán son os auténticos protagonistas  desta edición.

Leer más...

Ponte Caldelas obriga á limpeza das fincas urbanas e de núcleo rural que supoñan risco de incendio

fincalimpiar

O Goberno local aprobou este ano unha ordenanza que faculta ao Concello a impoñer multas e a executar forzosamente os traballos

O Concello de Ponte Caldelas non está disposto a mirar cara outro lado mentres os propietarios dalgunhas fincas urbanas incumpren a súa obriga de limpalas de cara ao verán para minimizar o risco de incendio. O pasado 27 de xaneiro entrou en vigor unha ordenanza que o faculta para impoñer multas  de entre 100 e 3.000 euros

Leer más...

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

FOGUEIRAS
DE SAN XOÁN
E SAN PEDRO
2019

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

BASES CARTEIS 2019

BASES FOTOGRAFIA 2019

BASES REDACCION 2019 

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver