Os hostaleiros do entorno da Alameda organizan un concerto pop rock para dinamizar Ponte Caldelas nas noites dos venres de verán

CHAMPURRADA copiaOs establecementos do entorno da Alameda de Ponte Caldelas organizan un concerto de pop rock para a noite do venres día 18, que terá como protagonista ao grupo pontevedrés "Champurrada".

Esta actuación celébrase para dinamizar as noites dos venres na Alameda de Ponte Caldelas e pretende servir de escaparate para os novos grupos emerxentes que están facendo a súa actividade na comarca de Pontevedra ao tempo que se dinamiza a actividade hostaleira no centro da vila.

Leer más...

O grupo de goberno esíxelle a Urbaser que axilice labores de limpeza e mantemento de contedores no concello de Ponte Caldelas

DSC 0044 copiaO alcalde Andrés Díaz lembroulle aos responsables da empresa que esta actuación así como unha recollida diaria no centro urbán e 3 veces por semana no rural forman parte do contrato de explotación do servizo de lixo que remata no 2017.

O grupo de goberno do Concello de Ponte Caldelas manifestáronlle a responsables de Urbaser, empresa concesionaria do contrato de explotación do servizo de recollida de lixo no municipio, que axilicen os labores de limpeza e mantemento de contedores ante as reiteradas queixas dos veciños que aseguran que, coas altas temperaturas, moitos deles desprenden un cheiro desagradable e, incluso, algún conta con presenza de bispas que ameazan con causarlle problemas aos usuarios.

Leer más...

Os alcaldes de Ponte Caldelas e Cotobade solicítanlle á Xunta que execute canto antes a mellora da estrada PO-234 que une ámbolos dous concellos a través de Augasantas

DSC 0102 copia 2Os alcaldes de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e o Cotobade, Jorge Cubela, solicitaránlle á Xunta de Galicia que proceda canto antes a executar o proxecto de mellora da estrada PO-234 que une ámbolos dous concellos a través de Augasantas. Este foi un dos acordos acadados na xuntanza celebrada hoxe entre ámbolos dous rexedores, no Concello de Cotobade, na que tamén se abordaron cuestións relacionadas co impulso da colaboración institucional e da mellora de servizos para os veciños.

Asemade, Díaz e Cubela fixeron especial fincapé durante a xuntanza na necesidade de poñer en marcha esta obra que melloraría de xeito significativo a comunicación viaria entre ámbolos dous concellos e cuxo xa foi redactado pola Consellería de Medio Ambente, Territorio e Infraestruturas na época de Agustín Hernández como máximo responsable deste departamento autonómico.

Leer más...

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

BASES CARTEIS 2019

BASES FOTOGRAFIA 2019

BASES REDACCION 2019 

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver