O equipo de goberno de Ponte Caldelas realiza o izado oficial da primeira bandeira azul concedida a unha praia fluvial en España

izado bandera azulO alcalde manifestou que é un logro histórico colectivo de tódolos veciños e veciñas de Ponte Caldelas e amosou o seu firme compromiso para preservala e defendela fronte a calquera agresión medioambiental “veña de onde veña”

O equipo de goberno de Ponte Caldelas, encabezado polo seu alcalde Andrés Díaz Sobral, procederon ao izado oficial da primeira bandeira azul concedia a unha praia fluvial en España polo organismo europeo ADEAC e que ondeará na Calzada como recoñecemento colectivo ao coidado medioambiental, calidade e pureza das súas augas.

Leer más...

O Concello de Ponte Caldelas pon en marcha "Noites na Alameda con..." para dinamizar o sector hosteleiro nas noites de venres e sábados do verán

noites na alameda freddy mercuryPretende achegar a boa música ao público en xeral a través da ambientación das terrazas da alameda con audicións de grupos e solistas míticos da historia recente

O Concello de Ponte Caldelas, dentro do seu desexo de poñer en marcha iniciativas para reactivar a actividade económica nos sectores máis representativos do municipio como son o comercial e o hostaleiro, porá en marcha a partir deste venres o programa "Noites na Alameda con..." co fin de dinamizar o consumo nas terrazas existentes nos arredores do parque arborado da vila.

Esta iniciativa pretende atraer público de Ponte Caldelas e arredores ás terrazas da Alameda nestas noites de verán coa intención de que se recupere un lugar para o lecer e a conversa tendo como fío musical os principais éxitos de figuras míticas da música contemporánea a través da megafonía instalada polo Concello.

A primeira destas "Noites na Alameda con..." será o vindeiro venres 3 de xullo, entre as 22 e as 24 horas, e estará protagonizado polo mítico grupo "Queen", liderado por Freddy Mercury. Esta elección faise como un pequeno xesto cara a defensa da igualdade ante a recente celebración do Día Internacional do orgullo LGBT.

Leer más...

Membros do equipo de goberno visitan a ludoteca municipal que ampliará o seu horario de verán para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar

DSC 0005 copiaO alcalde e varios concelleiros saltaron a fogueira de San Xoán e asistiron a unha merenda organizada polas monitoras do centro educativo local

Membros do equipo de Goberno visitaron as instalacións da Ludoteca Municipal de Ponte Caldelas e participaron nas actividades organizadas polas monitoras do centro educativo dentro das tradicionais celebracións de San Xoán. Tanto o alcalde, Andrés Díaz, como os concelleiros Alfonso Gutiérrez, Lito Muíños e Manuel Barreiro saltaron os rescoldos dunha pequena fogata feita para o divertimento dos rapaces invocando a coñecida frase: "Salto a fogueira de San Xoán para que non me morda nin cobra nin can".

Leer más...

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

PATEA E TAPEA 3 XUÑO 2017

carnaval de veran 2017 5

Ponte Caldelas Festa Gastronomica emigrante contraportada

CARTEL VIAXE BARBANZA

CARTEL AQUAPARK CERCEDO 2017 PARA REIGOSACARTEL AQUAPARK CERCEDO 2017 PARA IES PONTE CALDELAS

cartelmasaje2

CARTEL AQUAPARK CERCEDO 2017 PARA CEIP CORDO BOULLOSA

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Ponte Caldelas

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver