O grupo de goberno infórmalle a responsables de Abanca que manterán as contas na entidade mentres non se efectúe ningún desafiuzamento en Ponte Caldelas

A reunión celebrouse no Concello e asistiron, ademais do Alcalde Andrés Díaz, o Director de Abanca de Ponte Caldelas, o Director de Abanca de Pontevedra e o Coordinador de Negocios Institucionais

Membros do equipo de goberno do Concello de Ponte Caldelas mantiveron un encontro con responsables de Abanca coa intención de manifestarlles o desexo da administración local de manter as contas na entidade crediticia mentres non se efectúe ningún desafiuzamento en todo o municipio.

Leer más...

Unha decena de equipos participarán na primeira edición do torneo de fútbol sala que terá lugar esta fin de semana no pavillón de Ponte Caldelas

O evento conta coa colaboración do Concello de Ponte Caldelas e asistirán participantes de Fornelos, A Lama, Monte Porreiro, Pontevedra e Ponte Caldelas

Unha decena de equipos participará na primeira edición do Torneo de Fútbol Sala que terá lugar a vindeira fin de semana no pavillón de deportes municipal de Ponte Caldelas e que conta coa colaboración do Concello.

Os equipos que formarán parte do elenco que competirá polos distintos premios proceden de Fornelos, A Lama, Monte Porreiro, Pontevedra e Ponte Caldelas. O gañador, ademais do trofeo acreditativo da xesta, recibirá 500 euros de premio; o segundo clasificado terá trofeo e 200 euros e o terceiro, 100 euros e trofeo.

Leer más...

O equipo de goberno logra que Urbaser poña en marcha un servizo gratuíto de recollida selectiva de cartón entre os comerciantes de Ponte Caldelas

A empresa habilita un teléfono de contacto e realizará a recollida os martes, xoves e sábados a primeira hora da madrugada

O equipo de goberno que encabeza Andrés Díaz Sobral logrou que Urbaser, empresa concesionaria do servizo de recollida delixo no municipio de Ponte Caldelas, poña en marcha un servizo gratuíto de recollida selectiva de cartón entre os comerciantes de Ponte Caldelas que funcionará os martes, xoves e sábados.

Leer más...

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

Festas das Dores Ponte Caldelas 255x3493

CARTELESCURSIONACORUA3DESEPTIEMBRE2017

xantacaldelas 

CARTELVIAXEPRAIADASCATEDRAIS

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver