O alcalde de unha decena de hostaleiros presentan a primeira edición do concurso gastronómico "Caldelas Tapas"

DSC 0019 copiaO alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e o concelleiro Manuel Barreiro xunto cunha ducia de hostaleiros participaron na presentación pública da primeira edición do concurso "CALDELAS TAPAS" que terá lugar en dez establecementos do municipio ao longo do mes de agosto e que combinará a creatividade culinaria co atractivo gastronómico que ofrece o variado elenco hostaleiro caldelán. Nesta primeira edición, que terá lugar os venres de agosto, participarán Mesón Parada, Cafetería Aries, O Recanto, A Taberna de Laxoso, Cervexaría Alameda, Taberna Enxebre Eicho de dar Queridiña, Verdugolandia, Restaurante O Ramís, Restaurante Casa 501 e Cafetería Panadería Pecas.

A presentación, feita no Salón de Plenos, especialmente preparado para a ocasión, serviu de punto de partida para unha iniciativa que pretende dinamizar o sector hostaleiro durante os venres do mes de agosto e que impulsa tanto a Asociación de Comerciantes e Empresarios (COEMPO) e o Concello de Ponte Caldelas.

Leer más...

O alcalde de Ponte Caldelas reúnese co director do Centro Penitenciario de A Lama para revitaliza-lo convenio de colaboración en proxectos de reinserción social

DSC 0003 copiaAndrés Díaz solicitoulle ao director da cárcere unha maior vixianza sobre a EDAR do centro penitenciario para evitar aportes contaminantes que poñan en perigo a Bandeira Azul da praia fluvial de A Calzada. O responsable do centro confírmalle ao alcalde de Ponte Caldelas que en breve farase un investimento de 50.000 euros na depuradora para mellora-lo seu funcionamento. Os reclusos colaborarán nos labores de limpeza e posta en valor do Camiño dos Arrieros e a Área Arqueolóxica de Tourón.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, e o director do centro penitenciario de A Lama, reuníronse na mañá de hoxe coa intención de reeditar o convenio de colaboración entre ámbalas dúas institucións e favorecer a posta en marcha de proxectos de reinserción social.

Leer más...

Os amantes do baile, salsa, bachata e o merengue teñen a súa cita a noite do venres 24 de xullo na praia fluvial de A Calzada

NOITES DE BAILE copiaCoa intención de dinamizar as noites de verán de Ponte Caldelas e ofrecer alternativas para o disfrute do lecer, o Concello combida aos amantes do baile, a salsa, a bachata e o meregue a disfrutar da boa música e do diversión na praia fluvial da Calzada.

A intención dos organizadores é animar a noite do venres, a partir das doce, coa intervención de animadores e bailaríns que animarán a velada do día 24 de xullo, víspera do Día de Galicia, con actividades e diversión para tódolos públicos.

Leer más...

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver