A Deputación de Pontevedra financiou a contratación, por parte do concello de Ponte Caldelas, de 14 traballadadores/as no ano 2016

depo patrimonio

 

O Concello de Ponte Caldelas incorporou 14 traballadores/as durante o ano 2016 no marco do Plan de Emprego da Deputación Provincial. A iniciativa encadrouse dentro do previsto nas Bases Reguladoras do Plan Provincial de Cooperación publicadas no Boletín Oficial da Provincial do pasado 2 de decembro de 2015. En concreto, dentro da liña 4, que define a creación de Emprego dentro do apartado de Obras e Servizos de Competencia Municipal.

 Os/as 14 operarios/as estiveron contratados entre o mes de marzo e o de outubro do 2016. Coa axuda da nova Administración provincial contratráronse por un salario neto preto dos 800 euros mensuais.

Leer más...

Ponte Caldelas ultima todos os detalles para acoller a súa terceira concentración moteira

concentracionmotera

A festa das dúas rodas está prevista para o 22 de abril, pero o Concello atrasará o evento en caso de choiva “canto sexa preciso”

As motos tomarán Ponte Caldelas por terceiro ano consecutivo. A concentración moteira foi programada en días pasados polo Concello e o Motoclub de Redondela para o próximo 22 de abril. Aínda que a data non é completamente fixa, porque, en caso de choiva, atrasarase á fin de semana seguinte ata garantir o bo tempo.

O alcalde, Andrés Díaz, pretende así asegurar as boas condicións de un evento que, nas súas primeiras edicións, estivo marcado pola choiva. Aínda así, chegou a rexistrar unha gran afluencia de afeccionados.

Leer más...

O programa de excursións para a veciñanza incluirá este ano a novidade dunha saída de fin de semana

c5d67586 a8bf 4325 be78 1f768f728bd7

O Goberno local está traballando nun regulamento para establecer as condicións de participación nas seis saídas previstas ao longo do ano 

O programa de excursións do Concello de Ponte Caldelas darase a coñecer o próximo mes de marzo coa publicación do regulamento municipal no que se establecerán as bases para participar nas seis saídas previstas ao longo do ano. O programa chegará con importantes novidades, sen repetir ningunha das viaxes e incluíndo cando menos unha fóra de Galicia e cunha noite de aloxamento.

O Goberno local, integrado polos grupos municipais do PSdeG-PSOE, AVP e BNG, está a pechar os últimos detalles recollendo gran parte das suxestións realizadas polos participantes do ano pasado, no que case 1.000 persoas, a razón de 150 por saída, gozaron desta iniciativa de dinamización social.

Leer más...

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

carnaval de veran 2017 5

CARTEL VIAXE BARBANZA

cartel festa da troita 2017

CONCURSO FOTOGRAFICO 2017

BASES DE REDACCIÓN DE 2017

cartelmasaje2

cartel esposicion viernes 26

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Ponte Caldelas

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver