ESPAZOS NATURAIS

A beleza natural da paisaxe de Ponte Caldelas destaca, sobre todo, polo contorno do río Verdugo que atravesa a vila e o municipio cun mesto arboredo nas súas marxes e que ao seu paso pola vila se remansa coas súas augas cristalinas.

Hai que sinalar, ao longo da canle, distintos lugares especialmente característicos como son os pasos da Fraga e a praia fluvial da Calzada, moi concorrida por bañistas e visitantes no verán.

vista fervenzaVista del río Verdugo

pasos a fraga"Os Pasos" en A Fraga

"OS PASOS" son empleados para vadear o río, no camiño antigo Ponte Caldelas - A Lama.
COMO CHEGAR: Saíndo de Ponte Caldelas, dirección a A Cañiza, antes de Caritel hai un desvío á esquerda a "As Fragas" (de abaixo), un camiño que conduce ao "coto de Pesca" nos leva a "Os Pasos". No contorno podemos contemplar varios muíños, un deles incluso con vivenda na planta superior (seguindo o camiño a Lama), petos de ánimas, e unha impresionante paisaxe dominada polo río.

pasos a fraga2Detalle de "Os Pasos"

praia fluvialPlaya Fluvial "A Calzada"

altar as fragasAntiguo peto de ánimas

praia fluvial2Parque infantil

En xeral, todo o percorrido do río Verdugo é dunha gran beleza e recomendado para todo aquel que sexa aficionado as excursións en contacto coa natureza.

cascada

COMO CHEGAR: Inda que se atopa no lugar de A Roca, o seu acceso ten que facerse pola otra ribeira do río Verdugo. Saíndo de Ponte Cadelas cara Pontevedra collemos á esquerda por Cuñas e a uns 2 km atala central hidroeléctrica. Remontando o río (con dificultade) entre grandes peñascos chégase ás cataratas.

viveiro pazos "Viveiro de Pazos"

carballeira caritelCarballeira de Caritel

pe da mua1Área recreativa "Pé da Múa"

pe da mua2"Pé da Múa" en Cuñas

COMO LLEGAR:

  • Viveiro de Pazos: Saíndo de Ponte Caldelas dirección a Cañiza (PO-255), cruce á dereit indicado, todo recto ata chegar a unha bifurcación, coller á dereita e todo recto.
  • Carballeira de Caritel: PO-255 dirección a Cañiza, ao final de Caritel cruce á dereita. Viveiro "Pé da Múa": Dende Ponte Caldelas, en dirección a Caldelas, todo recto, pasando o desvío para o Casteliño, máis adiante pegado á estrada á dereita (desvío sen pavimentar).
  • Cristo Rei: Na parroquia de Xustáns, no lugar de Baltar, hai indicacións para chegar.
  • vista cristo rei

    Vistas dende Cristo Rei en Xustáns

    O apartado etnográfico, podemos completalo cos sempre sorprendentes entornos naturais nos que se asentan os numerosos muíños de auga que se atopan ao largo do río e dos regatos.

    muino arriba

    COMO CHEGAR: Muiño "Darriba" en Taboadelo: Saíndo de Ponte Caldelas dirección a Pontevedra (Po-255), pasando Cuñas, cruce á esquerda indicando Parada, todo recto ata chegar a unha bifurcación, coller á dereita e todo recto. Está pasando a capela de San Vicente (escondida á dereita) , "ao final" dun camiño sen pavimentar a man esquerda da estrada.

    O concello está muoi ben dotado de todo tipo de servizos, así como de parques, xardíns e unha alameda que garda un especial atractivo para ser visitada.

    JSN_TPLFW_GOTO_TOP