TOURÓN (Santa María)

touron-mapaPOBLACIÓN: 1.205
LUGARES: Buchabad, Tourón, Mirón, Reigosa, Vilarchán e Contixe

 

Igrexa Parroquial de Santa María

santa-maria

Igrexa dunha soa nave e unha soa ábsida de planta rectangular, aínda que a ábsida é de menores dimensións. O presbiterio ten un arco triunfal en aresta viva de directriz apuntada, descansando sobre dúas columnas con baséalas escondidas baixo o pavimento. Dispón tamén de fustes entregos de catro tambores e capiteis de grandes volutas e follas lisas; os ábacos con listel e nacela se impostan a todo o longo do presbiterio, mesmo polo frontispicio este, servindo de apoio dunha seteira central de derramo interno, hoxe tapada por un retablo barroco. Paralelo ao arco triunfal nótase que houbo unha seteira hoxe tapiada.

A nave conserva no lado norte unha porta románica en arco de medio punto e alintelada polo que foi a súa cara exterior, hoxe ocupada pola sancristía. De forma simétrica pola súa parede norte hai outra porta igual, pero cegada. Os muros da nave son enteiramente de época, pero a cuberta foi totalmente modificada, así como as ventás con adición dunha capela barroca aberta no seu muro norte.

Consérvase unha antiga seteira da primitiva igrexa no muro norte que se pode ver dende o actual baptisterio, tamén outro corpo engadido. Polo exterior, do muro norte case nada pode verse; un corpo alto foille engadido ao presbisterio no ano 1727. O campanario é deste século. A fachada occidental conserva a súa portada de dúas arquivoltas lixeiramente apuntadas, a exterior en baquetón e a interior en baquetón e media cana, cun bisel decorado con trazo en zig-zag; chambrana de media cana lista.

As catro columnas nas que repousan as arquivoltas son todas de fustes monolíticos lisos, baseas áticas entregas e capiteis entregos, altos, de decoración vexetal, ábacos en nacela impostados máis alá da chambrana, Seteira sobre a portada e tímpano, decorado por cruz soportado por mochetas lisas.

A fachada sur pode verse integramente, coa cornixa de cubertas en perfil achaflanado, 11 modillóns de perfil de nacela, dúas antigas seteiras, hoxe rectangularizadas e dous grosos contrafortes enla zona do presbiterio. Hai pouco encontrouse enterrada a pila bautismal románica, moi bonita, que foi colocada no frontispicio este e serve de fonte. No interior do templo dispón doutra pila do século XVIII.

JSN_TPLFW_GOTO_TOP