BARBUDO (Santa María)

BARBUDO mapaPOBLACIÓN: 156
LUGARES: Barbudo

 

Igrexa Parroquial de Santa María do Castro Barbudo

iglesia-parroquial

A igrexa parroquial de Santa María do Castro Barbudo é unha construcción que data do ano 1790, aproximadamente. É de pranta rectangular dunha soa nave. O ábside é rectangulare o lado esquerdo está adosado á sacristía. O tellado é de dúas augas. A fachada é sinxela, rematada por unha cornixa e na parte central pola españada e o campanario con pilastras pegadas nos laterais. O lado esquerdo é de corpo rectangular no que se encontran as escaleiras que soben ao campanario. Tres chanzos de suba encóntranse á altura da sancristía quedando a nave dos fieis abaixo. No lado dereito hai un sepulcro pegado.

No interior alberga unha Cruz de Ferro, unha imaxe de madeira ó estilo románico.

Calvario de Barbudo

calvario-barbudoEl Calvario de Barbudo está datado en 1833, aproximadamente. Ten tres cruces de granito que se encontran á esquerda da entrada do adro da igrexa de Santa María do Castro Barbudo, fronte ao lateral norte desta. O posadeiro presenta un fermoso frontal de sinuosas molduras cunha placa en círculo no centro.

O central presenta un pedestal cadrado no que aparecen inscricións en cada unha das caras. O varal é de base cadrada ata unha altura dun metro, a partir de aí é de base octogonal. Á metade do fuste aparece a figura de San José e na parte posterior a de San Juan Bautista. A cruz é cilíndrica, por un lado aparece a representación de Cristo e polo outro a Virxe do Rosario.

As cruces laterais aséntanse sobre pedestais lixeiramente máis pequenos nos que tamén aparecen inscricións. O fuste da columna é cilíndrico reducíndose a súa circunferencia no extremo superior. A cruz da dereita é cilíndrica e connosco semellando unha árbore. Aparece representada a figura de Dimas o bo ladrón. A cruz da esquerda, da mesma feitura á anterior, aguanta o mal ladrón.

Tamén hai tres cruces fronte á fachada da igrexa parroquial. Este calvario está colocado sobre o muro que pecha o adro. Presenta tres cruces de feitura sinxela. As columnas son de sección cilíndrica, a do centro máis levantada e cun sudario entre os brazos. Non teñen figuras. A igrexa está aberta ao público só en horas de culto.

.

JSN_TPLFW_GOTO_TOP