O Goberno local tripartito desafecta o inmoble, pechado dende hai anos, para realoxar un servizo importante para Ponte Caldelas
O Rexistro da Propiedade continuará en Ponte Caldelas grazas a un acordo do Goberno local tripartito coa profesional responsable deste servizo. O acordo consiste na inminente sinatura dun contrato de aluguer, a prezo simbólico, no pequeno inmoble, sen uso dende hai varios anos, que albergou a oficina de Turismo.
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, mantivo unha xuntanza coa rexistradora de Redondela, que xestiona o Rexistro de Ponte Caldelas, para estudar todas as fórmulas posibles para evitar o peche.
A praia fluvial, única con bandeira azul de toda España, loce tamén en perfectas condicións, xunto co novo paseo e o Sendeiro Azul
Aínda non rematou o mes de maio e a contorna da praia fluvial da Calzada, en Ponte Caldelas, está xa lista para acoller aos primeiros bañistas. O Concello está a piques de rematar un traballo coordinado entre o terreo e os despachos administrativos.
A Xunta de Goberno Local declarou como oferta máis vantaxosa para a explotación do kiosko da Calzada, á presentada pola sociedade “PXSOL Spain S.L.” O período de explotación será de dous anos.
Os interiores foron pintados de verde e amarelo, despois dun tratamento para eliminar os “desconchóns” e as humidades
Os veciños de Vilarchán xa poden gozar do novo aspecto que presenta o primeiro andar da Casa do Pobo. O Concello rematou as obras de reparación e optou por darlle un novo e máis lucido aspecto coas cores da bandeira de Brasil.
O alcalde, Andrés Díaz, e o concelleiro Manuel Barreiro, en nome de todo o Goberno local, formado por PSdeG-PSOE, AVP e BNG, visitaron unhas obras desenvolvidas
VI BTT TROITA CELEBRARASE O 26 DE OUTUBRO ÁS 16:00
3 NOVEMBRO IV FEIRA DE ARTESANÍA NA PRAZA DE ESPAÑA
PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)
Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.