×

Aviso

Fallo ao cargar o ficheiro XML

O alcalde de Ponte Caldelas visita os ensaios da Coral Valdarrosa e anuncia un maior apoio institucional á entidade

DSC 0006 copiaAndrés Díaz comentou cos compoñentes da agrupación coral o interese do Concello en promocionar o seu labor con actuacións, dentro do Plan Cultural, en tódalas parroquias do municipio. Tamén animou ao seu director a impulsa-la Escola de Música para persoas a partir de 5 anos.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, visitou o ensaio dos compoñentes da Coral Valdarrosa, que dirixe Iván Gulín Porto, para interesarse polo traballo que realizan na conservación e divulgación do canto coral senón tamén pola importante tarefa que desenrolan promocionando a imaxe exterior do concello nas súas actuacións por toda a xeografía galega, española e portuguesa.

Ler máis...

Membros do equipo de Goberno asisten ás Festas de Vilarchán e dialogan cos veciños sobre temas de interese xeral

DSC 0047 copiaOs veciños e veciñas de Vilarchán honraron á Virxe dos Remedios con diferentes actos lúdicos e relixiosos que contaron coa presenza dos concelleiros de AVP, Alfonso Gutiérrez e José Manuel Martínez, así como Manuel Barreiro, do BNG, , en representación do grupo de goberno do Concello de Ponte Caldelas.

A xornada festiva iniciouse ben cedo co pasarrúas a cargo da Banda de Música Cultural de Vilanova de Arousa. Ás once tivo lugar unha misa solemne e ás 13:15 oficiouse a Misa Campestre á que asistiron gran número de feligreses e devotos da Virxe dos Remedios vidos desde moitos lugares non só do concello de Ponte Caldelas senon tamén doutros limítrofes.

Ler máis...

O Concello de Ponte Caldelas aposta pola transparencia coa creación dunha comisión de Urbanismo aberta á participación da oposición na que os concelleiros non cobrarán por asistencia

DSC 0089 copiaO enfrontamento entre Perfecto Rodríguez e Alfonso Gutiérrez obrigou ao alcalde Andrés Díaz a amoestar ao voceiro do PPdeG e recriminarlle que "non tiña asumido a súa derrota e a cura de humildade que lle infrinxiu a cidadanía cos seus votos". Rodríguez defendeu a súa xestión económica e Díaz lembroulle que o Concello ten unha débeda de un millón de euros e unha factura de 15.000 euros de París de Noia "contratada in extremis e como alcalde en funcións para condicionar o orzamento e a capacidade de xestión do novo equipo de goberno. A celebración da xuntanza da Corporación Municipal ás 20 horas favorece un cheo no Salón de Plenos.

O enfrontamento entre o voceiro do Partido Popular, Perfecto Rodríguez, e o líder de AVP, Alfonso Gutiérrez, marcou o final dun Pleno Ordinario de carácter organizativo celebrado pola Corporación Municipal de Ponte Caldelas no Salón de Plenos, a partir das 20 horas, o que favoreceu a asistencia de público.

Ler máis...

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

VI BTT TROITA CELEBRARASE O 26 DE OUTUBRO ÁS 16:00

3 NOVEMBRO IV FEIRA DE ARTESANÍA NA PRAZA DE ESPAÑA

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

BASES CARTEIS 2019

BASES FOTOGRAFIA 2019

BASES REDACCION 2019 

Ponte Caldelas

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP