ARTIGO 1.- CONCEPTO

Por parte do Concello de Ponte Caldelas ofértase unha excursións de índole turístico-cultural.

ARTIGO 2.- EXCURSIÓN OFERTADA.

Rutómetro da viaxe:

Viaxe á Praia das Catedrais.

· Data: 25 de xullo de 2017.

· Lugar de saída e hora: Colexio Público Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas, 08:00 horas.

· Rutómetro: recorrido ata a Praia das Catedrais, declarada como Monumento Natural. Esta excursión está programada en base á baixada da marea, que ese día está reflectida para as 12:34 do mediodía.

- O prezo inclúe: autocar e xantar.

ARTIGO 3.- MEMORIA ECONÓMICO FINANCEIRA.

Memoria económico financeira relativa ós gastos a asumir pola realización da actividade:

a.       Custo do desprazamento en autobús (160 prazas): 2.343 € (iva engadido).

b.      Custo do xantar: 2.240 € (iva engadido)

c.       Custo do seguro: 120 € (0,75 € por persona).

d.      Ingresos participantes: 2.240€ (14 € por persoa).

e.       O custo total da actividade ascende a 4.703 € (iva engadido).

f.       Grado de cobertura financeira por parte do Concello de Ponte Caldelas: 52,37 %

ARTIGO 4.- PREZO DE PARTICIPACIÓN NA EXCURSIÓN.

O prezo público de participación na excursión será de 14 € por participante, que deberán ser satisfeitos xunto coa presentación da solicitude de participación e, en todo caso, sempre antes da realización da actividade.

A obriga de pagamento nace coa formalización da correspondente inscrición e abonarase dunha sola vez ó realizar a inscrición.

A renuncia á participación non dará dereito á devolución do prezo abonado excepto nos casos de forza maior debidamente acreditados; entendendo como forza maior o caso fortuíto inimputable, que proveña dunha causa enteiramente allea á vontade das partes, imprevisible, isto é, que non se teña podido prever dentro dos cálculos ordinarios e correntes, e irresistible, é dicir, que non se teña podido evitar.

O pago deberá de efectuarse no seguinte número de conta municipal da entidade ABANCA: ES91 2080 5057 44 3040004630.

ARTIGO 5.- NORMAS DE PROCEDEMENTO PARA OS INTERESADOS/AS.

1.      Os interesados/as na realización da viaxe deberán de encher unha folla de inscrición en modelo normalizado facilitado a tal efecto nas Oficinas Municipais e será presentado nesta en horario de rexistro ou ben a través da sede electrónica municipal (pontecaldelas.sedelectronica.es) con data de apertura de prazo o 3 de xullo e data de finalización o 19 de xullo ás 14:00 horas (non se admitirán solicitudes antes ou despois deste prazo).Esta solicitude deberá de vir acompañada obrigatoriamente do xustificante de ingreso do importe do prezo público de participación na actividade no momento de presentación da mesma.

2.      Estarán automaticamente admitidos os 160 primeiros interesados/as en presentar a inscrición xunto co correspondente xustificante de pago do prezo público de participación na actividade, por rigorosa orde de entrada en rexistro. Non será válida a presentación unicamente de un destes dous documentos.

3.      Unha vez superado o número de 160 inscricións os seguintes pasarán automaticamente á lista de espera. Os solicitantes que pasen á lista de espera só deberán de aportar o documento de pago do prezo público unicamente no caso de que finalmente sexan admitidos.

4.      En caso de non poder asistir, este feito deberá ser comunicado cun mínimo de 5 días naturais previos á realización da actividade, non dando dereito á devolución do importe satisfeito salvo causa de forza maior.

5.      Requisitos de participación:

a)Terán preferencia os/as solicitantes que figuren empadroados no Concello de Ponte Caldelas. Os non empadroados pasarándirectamente á lista de espera e non terán que realizar o pago ata que se lles confirme ou non a existencia de praza.

b) Respectarase a orde de entrada en Rexistro quedando en lista de espera, unha vez se superen as 160 prazas, os/as interesados que presentasen máis tarde a inscrición. Na lista de espera tamén terán preferencia os/as solicitantes empadroados.

c) Non se admitirán inscricións colectivas. É dicir as solicitudes de participación deberán de ser individuais e persoais, nunca presentadas por Asociacións, Comunidades, ...

d) Os/as menores de idade deberán de ir obrigatoriamente acompañados dun adulto responsable. Para elo deberán de aportar xunto coa solicitude de participación a autorización do pai/nai ó respecto.

ARTIGO 6.- REDUCIÓN DO NÚMERO DE PRAZAS.

O Concello de Ponte Caldelas resérvase o dereito de reducir o número de participantes en función das solicitudes presentadas e do número de prazas existentes nos autobuses. É dicir no caso de que o número de solicitudes non sexa suficiente para cubrir o número completo de prazas ofertadas por unidade de autobús poderanse eliminar as unidades que se considere oportuno. Por exemplo se para a actividade hai 110 solicitudes e o número total de prazas por autobús é de 50 o Concello poderá decretar a eliminación de un autobús quedando o número de participantes reducido a 100 os 10 restantes pasarían á lista de espera, primando nesta decisión a boa xestión dos caudais públicos.

ARTIGO 7.- SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE.

O Concello de Ponte Caldelas resérvase o dereito de decreta-la suspensión da actividade no caso de que a mesma non conte cun mínimo de 45 participantes empadroados ou por calquera outra causa debidamente xustificada, procedéndose no seu caso á devolución dos importes satisfeitos.

ARTIGO 8.- ACEPTACIÓN DAS BASES.

A participación nestas actividades supón a aceptación de todas e cada unha das cláusulas recollidas nestas normas.

ARTIGO 9.- SEGURO.

O Concello de Ponte Caldelas contará con seguro de asistencia en viaxe coa compañía Mapfre segundo o presuposto aceptado de data de entrada 09/03/2017 coas seguintes coberturas: falecemento accidental (6.000 €), invalidez permanente segundo baremo (12.000€), gastos sanitarios (3.000 €).

Visto o expediente arriba reseñado e en virtude do Artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e do Decreto da Alcaldía de 15 de xuño de 2015:

PROPONSE QUE A XUNTA DE GOBERNO LOCAL ACORDE:

1.      Aprobar as Bases arriba recollidas.

2.      Ordenar que o servizo/empresa encargado da organización da excursión dé traslado á Compañía Mapfre do listado de inscritos para a realización de cobertura desta excursión en base ó presuposto aceptado.

 

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTAZ ACTO INSTITUCIONAL 25NOV

CARTEL PISCINA

PRESENTACIÓN LIBRO MICROMACHISMOS DE MICRO NADA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP