presentacion webAndrés Díaz pretende poñer o novo sitio á disposición dos veciños e convertila nunha canle de comunicación e promoción exterior das potencialidades que presenta Ponte Caldelas

O equipo de goberno de Ponte Caldelas presentou a nova páxina web do Concello, marcada polo dinamismo, a promoción turística e comercial do municipio e ao servizo da participación cidadá.

O novo sitio ten un acceso rápido e intuitivo que permite ter, á primeira vista, os principais recursos que pretende promover esta web municipal. Está optimizada para poder ser consultada de inmediato en ordenador, smartphones (IOs e Android) e todo tipo de tablets e dispositivos móbiles.

O alcalde, Andrés Díaz, salientou na presentación o desexo do equipo de goberno de que esta nova web capitalice a imaxe exterior do concello e sirva para captar e xerar dinamismo socioeconómico e turístico para o municipio. "Queremos unha páxina viva, aberta, activa e que sexa un auténtico escaparate non só da actividade do Concello senón das parroquias, dos veciños, das asociacións, dos emprendedores, en definitiva de todo aquel que queira e desexe aportar ideas e iniciativas para mellorar o noso pobo", sinalou o rexedor municipal.

A nova web, que conta co soporte técnico e está albergada nos servidores de Enrede, unha empresa de xóvenes emprendedores nacida no viveiro de empresas de Porriño e que hoxe é referencia na provincia en materia de novas tecnoloxías e internet, terá varias función diferenciadas que poden ser apreciadas nada máis enlazar co enderezo www.pontecaldelas.org como son a promoción turística, a transparencia e a posta á disposición dos veciños da administración municipal, ser unha ferramenta para o comercio e os emprendedores locais e favorecer a participación cidadá facendo protagonistas das distintas seccións da web aos propios habitantes de Ponte Caldelas.

Outras das novidades é a instalación dun "pop up" emerxente que promociona a Bandeira Azul para a praia fluvial de A Calzada e que poderá ir variando e salientando as distintas iniciativas de interese para promocionar en cada momento coa intención de captar a atención daquela persoa que acceda á páxina.

PROMOCIÓN EMPRESARIAL E DE SERVIZOS

A web ten aloxado un espazo adicado á Asociación de Empresarios e Comerciantes de Ponte Caldelas (COEMPO) onde poderán ir incorporando os distintos socios cun enlace directo a súa páxina web ou lugar no facebook, co fin de permitir unha interconexión entre a páxina do Concello, a Asociación e o propio establecemento comercial ou hostaleiro.

As distintas iniciativas e promocións que poñan en marcha os comerciantes tamén terán lugar destacado na nova web que se fará eco e acompañará a difusión das futuras accións que se vaian organizando para dinamizar o comercio e a hostalería local.

PARROQUIAS, FESTAS E ACTIVIDADES SOCIAIS

Cun menú desplegable, a nova web adica unha atención especial ás parroquias e lugares do concello con amplia información turística, xeolocalizadores, vídeos e fotografías que ilustran as distintas actividades que se producen nestos lugares. Tamén ten habilitado un espazo para albergar as festas, carteis e programacións festivas que vaian tendo lugar nos distintos lugares.

TRAMITES ADMINISTRATIVOS E O ALCALDE RESPONDE

Outra función da web será a cercanía e posta á disposición dos veciños dos recursos municipales para que o contacto coa administración local lle sexa máis doado. Así, dentro da política de transparencia, o equipo de goberno local recolle na web as distintas ordenanzas, medidas derivadas da Lei de Transparencia, Perfil do Contratante, etc. para que se garanta a igualdade de oportunidades e calquera persoa poda estar perfectamente informada do que sucede ou do que promove o Concello de Ponte Caldelas.

Tamén introduce unha sección "O Alcalde Responde" que será unha xanela permanente aberta de relación directa entre os veciños e os membros do equipo de goberno. Calquera veciño poderá acceder ao contacto directo con calquera dos responsables municipais a través dun correo electrónico coas súas queixas, preguntas ou suxestións que serán atendidas no menor tempo posible.

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

FOGUEIRAS
DE SAN XOÁN
E SAN PEDRO
2019

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

BASES CARTEIS 2019

BASES FOTOGRAFIA 2019

BASES REDACCION 2019 

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP