×

Aviso

Fallo ao cargar o ficheiro XML

 

A VI BTTROITA ADIÁNTASE A ESTE SÁBADO 26 DE OUTUBRO

 

IMG 2601

“Parece que a BTTroita se resiste, pero nós poremos todo o noso empeño e que esta proba se celebre a súa VI edición” así confirmaba Andrés Díaz esta mañá que a VI edición da BTTroita se celebrará finalmente o sábado pola tarde. Goberno Local e organización de BTTroita tomaron esta decisión xa que este 27 de outubro, coincide co segundo domingo de caza menor. Tal e como dixo Díaz “para a seguridade das e dos participantes na BTTroita e tamén para o desfrute desta práctica, seguida por moitos veciños de Ponte Caldelas, cremos que a mellor opción é adiantar esta proba a tarde do sábado para garantir así a convivencia entre as dúas actividades”. A cita terá lugar na tarde do sábado e sairá ás 16:00 da Alameda de Ponte Caldelas.

Dende a organización xa anunciaron que calquera participante que non poda asistir a esta proba, que se celebrará na tarde do sábado, deberá de enviar un mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . E se grazas ao cambio de data son máis os que se poden sumar a esta proba, dende a organización tamén informan, que os e as interesadas en inscribirse poden facelo a través de: https://eventos.emesports.es ata o mércores 23 de outubro ás 23:59.

A proba desenvolverase do mesmo xeito que se tiña previsto, dende a organización e concello insisten en que será todo igual, o único que se cambia é a data para a tarde do sábado 26 de outubro ás 16:00. A recollida de dorsáis será na Casa da Cultura en horario de 14:00 a 15:30.

Dende Globar DxT lembran que a gran novidade deste ano é que a proba contará con dúas rutas, unha longa, a BTTTroita Plus de 47 quilómetros e outra máis curta, a BTTroita de 38 quilómetros. Os participantes poderán decidir durante a proba, é dicir “en ruta”, que percorrido facer, xa que cando cheguen a Cruz do Brasil haberá voluntarios que indicarán o camiño a seguir para facer a proba curta ou a longa. No caso de facer a proba máis curta seguirán o percorrido establecido, e os que prefiran facer a BTTroita Plus farán 9 quilómetros por monte e continuarán co mesmo percorrido. Dende a organización aseguran que a proba longa “é moito máis divertida”.

O percorrido segue a ter como punto de saída e chegada a Alameda de Ponte Caldelas e inclúe o paso polos montes de Cuñas, Paradela, Parada, O Verdugo, Cristo Rei, Baltar, Chan do Casal e regreso pola zona do río.

A proba contará dúas zonas con avituallamentos en ruta e unha ampla “fun zone” na Alameda para acoller aos “bikers” ao remate da proba.

Dende o Goberno Local apostan por seguir reforzando esta proba, que conta xa cun ben gañado prestixio e goza dun oco propio no calendario dos afeccionados á bicicleta de montaña. Ademais Andrés Díaz deixou patente a súa aposta por este deporte, xa que Ponte Caldelas foi o primeiro concello que amosou o seu apoio e formará parte dunha nova edición da Epic Race. Unha cita que se celebrará os días 29,30 e 31 de maio do 2020, a chegada a Ponte Caldelas será o día 30, coincidindo coa celebración da Festa da Troita co cal “o bo ambiente estará asegurado”.

 

 

OUTRAS NOVAS

equipo gobierno

VI BTT TROITA CELEBRARASE O 26 DE OUTUBRO ÁS 16:00

3 NOVEMBRO IV FEIRA DE ARTESANÍA NA PRAZA DE ESPAÑA

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

BASES CARTEIS 2019

BASES FOTOGRAFIA 2019

BASES REDACCION 2019 

Ponte Caldelas

coempo

pabellon

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

JSN_TPLFW_GOTO_TOP